luns, 5 de novembro de 2012

Un gol de Mario Varela aniquila a imbatibilidade do Cire Melide

Formación do C.A.S.X. onte no Municipal de Melide
De pé e de esquerda a dereita: Samu, Javi Sánchez, Pedro, Fran, Esteban, Naveira, David, Hassan (adestrador) e Chino.
Agachados de esquerda a dereita: Mario Novo, Mario Varela, Jaco, Anxo, Maikel, Piru, Dami.

Un gol de Mario Varela no minuto 77 de partido dou os 3 puntos en Melide a un inconmensurable Atlético Sobrado.
O equipo de Hassan suma así a 4ª victoria de xeito consecutivo consolidándose nos postos de promoción de ascenso, subindo unha praza ata a 3ª posición e situándose a un so punto do líder SD Pontecarreira (18).
Os partidos de fora da casa do Atlético Sobrado comezan a ser un manual de como afrontar con seriedade os encontros cando o rival esixe moito para conseguir a victoria. Se hai 15 días en Mesía o equipo marelo dou un recital de fútbol onte en Melide tirou de practicidade e saber estar, sabendo agardar as oportunidades sen desesperar e chegado o momento meterlle o coitelo direito á gorxa do partido e fulminalo.
Comezaron os dous equipos menos goleados da categoría ben posicionados o encontro amosándose respeto mutuo sabedores que os 3 puntos en xogo eran vitais. Unha victoria do Cire distanciaría en 6 puntos ó noso equipo, pola contra unha victoria nosa serviríanos para dar alcance na clasificación ó Cire.
Poucas oportunidades houbo nos primeiros 45 minutos, a máis clara 1 do Cire logo de dous rexeites e o esférico acabou pegando finalmente no traveseiro da portería do Atlético Sobrado, David desbarataría a posibilidade de un terceiro rexeite.
Por parte marela tivo dúas Naveira logo de xogadas a balón parado pero nunha por falta de acerto e noutra porque o deslumbrou o sol cando ía conectar co esférico impediron que algunha puidese rematar en gol.
Chegouse ó descanso co resultado inicial.
Os 7 minutos da reanudación chegaría a xogada desgraciada do partido, nun ataque do Cire o balón bota dentro da área, Pedro que estaba a facer un partido colosal, diríxese a despexalo de cabeza, o dianteiro Garea do Cire Melide está pegado a él e intenta unha chilena impactándo bruscamente na cara de Pedro caéndo o chan e sangrando en abundancia. O susto foi enorme o ver a gran cantidade de sangre que perdía, afortunadamente logo de pasar revisión na Clínica La Rosaleda de Santiago o golpe quedouse en 8 puntos no labio e nun principio non ten fracturado o tabique nasal nin perdeu ningún dente.
Mentres o Sobrado estaba momentaneamente con 10 polo golpe de Pedro o Cire tivo o 1-0 nunha boa oportunidade pero o seu remate logo de un despiste defensivo marelo acabou no pao dereito da portería defendida por David.
Pouco a pouco o C.A.S.X. foi incrementando o seu dominio do esférico e creando ocasións, con un Chino que colleu a batuta do equipo no medio campo e reparteu xogo ó seu antollo, con Fran e Jaco nas bandas levando verdadeiro peligro e con un Naveira que pese a xogar lesionado con un golpe que lle imposibilita correr o 100% das súas posibilidades desgastouse ata a extenuación.
A defensa estivo expléndida alonxando calqueira atisvo de peligro, Esteban e Maikel moi seguros no corte, Pirulo subindo unha e mil veces a banda e Javi de improvisado lateral esquerdo facendo unha labor grandiosa tapando o ataque da banda dereita do Cire.
A piques estivo o C.A.S.X. de inaugurar o marcador no minuto 71 logo de un corner executado por Mario Varela e rematado con unha impresionante volea por Chino pero o esférico impactou con violencia no costado de un defensor azul cando xa entraba na meta rival sen que ninguén tivera remedio de evitalo. Pasaban os minutos e a Máquina Amarilla ía medrando no partido...
E así no minuto 77 chegou o gol nun balón largo de ataque do C.A.S.X. que o porteiro local despexa o borde da área, Mario Varela recolle o rexeite e aproveita que o gardamallas está descolocado para marcar desde fora da área facendo así o único gol do encontro e levando a euforía as gradas debido a que había moitos siareiros de Sobrado onte en Melide e a cor marela era a que predominaba (grazas por estar ahí).
O C.A.S.X. tivo outras duas boas oportunidades de xogada ensaiada en saques de esquina que a piques estiveron de propiciar dous goles en propia porta locais. O de onte foi un dos primeiros partidos onde o equipo non marcou gol de estratexia.
Así e tras 6 minutos de desconto chegouse o final con unha espectacular victoria do Atlético Sobrado que lle sirve para chegar ós 17 puntos.
Para a semana o equipo recibe o Tambre FC, derbi entre os dous equipos de Sobrado, será a primeira vez na historia do fútbol sobradés. Ó longo da semana teremos tempo para debullar o que dará de sí este encontro que se xogará o sábado 10 de novembro no Municipal de Sobrado as 17.00 horas.
Sin máis felicitar unha vez máis a todos os xogadores polo partidazo e o míster por como soupo ler o encontro gañando a partida no medio campo a un dos favoritos para ascender de categoría.
PARABENS C.A.S.X.!!!

Once Inicial: David, Pedro, Piru, Esteban, Mario Novo, Chino, Mario Varela, Anxo, Jaco, Fran, Naveira.
Banquiño: Samu, Maikel, Javi Sánchez, Dami.


Ningún comentario: