mércores, 21 de novembro de 2012

Xornada 11: C.A.S.X. - UD Carral "B" (a previa)

O vindeiro sábado visita o Municipal de Sobrado un dos equipos que van a estar ata final de tempada loitando polo ascenso á 2ª Autonómica. Trátase do filial da UD Carral (o 1º equipo milita este ano en Preferente Autonómica).

Antes de nada desde aquí agradecer as facilidades que nos proporcionou a directiva da UD Carral para poder cambiar o partido de hora debido a que no horario habitual de xogo cando actuamos como locais (17.00 horas) non podíamos contar con varios xogadores. Desde o conxunto branco non puxeron ningún tipo de pega para que o encontro se dispute nunha hora non habitual como son as 12.00 horas da mañá de un sábado.

O partido promete emoción xa que entre o Atlético Sobrado, actual 1º clasificado, e UD Carral "B" 3º clasificado tan so dista un punto. O Atlético Sobrado comparte liderato coa SD Pontecarreira a 21 puntos mentres que o equipo da "Vila dos Mártires" conta con 20 puntos no seu casilleiro.

Se votamos un vistazo os números parece que o filial carralés ten unha dobre cara nesta liga. Na casa é implacable 5 victorias en 5 partidos xogados onde tan so encaixou un gol, uns números sinxelamente espectaculares. Pola contra a domicilio ten máis repartidos os resultados: 1 victoria (2-7 en Vilamaior), 2 empates ( 1-1 en Mesía e 2-2 en Encrobas) e 2 derrotas (3-0 en Melide e 3-0 en Toques).
De estes datos non debe fiarse a nosa escadra pois seguro que virán a Sobrado con moitas ganas de facer un bo partido e levarse os 3 puntos en litixio que lle faría adiantar na clasificación á Máquina Amarilla.

O que sí debe ter especial coidado o Atlético Sobrado é o caudal ofensivo do Carral "B": 24 goles a favor que o fan o conxunto máis goleador da liga e con Barbeito, o seu referente ofensivo con 8 goles no seu haber que o situan na táboa de "killers" como segundo clasificado empatado con Jacobo do Sporting Bribes e a 3 goles de distancia de Rivera do Abellá B.

Ademáis, este equipo non so ataca ben senón que en labores defensivas tamén rinde. Leva encaixados 12 goles (os mesmos que o Sporting Bribes) o que o convirte no 4º equipo menos goleado da liga.

O conxunto carralés chegará reforzado ó encontro logo da súa gran victoria o pasado domingo 3-0 fronte o Abellá B.

Polo que respecta ó Atlético Sobrado, recupera a Esteban e Pirulo na zaga, xa que no partido de Encrobas non puideron participar no encontro por mor de unha viaxe. É baixa segura Mario Varela para este encontro así pois o equipo marelo terá que variar a súa medular.

O equipo ven de empatar en Encrobas a 2 goles logo de desperdiciar unha vantaxe de 0-2 sobre a bocina e supoñer o primeiro partido onde David ten que recoller 2 veces nun partido o balón do fondo da rede.

A Liga é moi longa e o Atlético Sobrado quere loitar por ter cousas que decir, este partido presentase coma unha boa oportunidade para presentar a candidatura a loitar cos favoritos ata final de campaña. Ogallá o sábado o equipo saque o bo xogo que sabe facer a relucir.

Ningún comentario: