mércores, 19 de decembro de 2012

Felicidades MARIO

Onte era Anxo o protagonista e hoxe é Mario Novo ou Mario Ferreiro como tamén se lle coñece. Outro producto da canteira marela. O "Kaiser" da defensa do Atlético Sobrado. Chegou ó noso clube para militar no equipo xuvenil. Aínda en idade xuvenil o ex-adestrador de Friol Lito fixo debutar a Mario  no 1º equipo marelo coma dianteiro (posición que ocupaba na súa época xuvenil) dando un gran rendemento e aportando sempre amplas doses de traballo.

CURRICULUM:

Mario Novo Sánchez naceu en Teixeiro (Curtis) un 19 de decembro de 1990.

Medrou nas Escolas Deportivas do Concello de Curtis ata chegar ó Atlético Sobrado para militar no primeiro ano da formación do equipo xuvenil na tempada 2007/2008.

Na tempada 2010/2011 pasa a formar parte do 1º equipo do Club Atlético Sobrado Xuventude no que actualmente milita.

CARACTERÍSTICAS:

Mario é a contundencia personificada, tanto no xogo aéreo (un dos seus puntos máis fortes) coma no xogo raso. Moi seguro no corte e na anticipación; xamáis da un balón por perdido e é un auténtico pesadelo para os dianteiros rivais. Non regatea o choque nin os golpes dao todo por  e para o equipo. A súa tranquilidade fora dos terreos de xogo contrasta abruptamente coa súa transformación dentro do rectángulo de xogo poñendo sempre moita intensidade e contundencia nas súas accións. É un dos referentes nas xogadas de estratexia do equipo de Hassan. A súa forte corpulencia e o seu ímpetu fai que poucos balóns divididos se lle resistan. Este ano xa leva dous goles e participou de xeito activo na consecución de algúns máis. Dianteiro reconvertido a central, é un dos fixos no 11 inicial do cadro sobradés.

ALGUNHAS FOTOS DA SÚA CARREIRA COA "MÁQUINA AMARILLA":

Equipo Xuvenil tempada 2007/2008 (Mario é o segundo comezando pola esquerda da fila inferior)
O xogo aéreo, un dos puntos fortes do central marelo
Equipo Xuvenil tamén na tempada 2007/2008 (Mario é o que suxeita o esférico)
Mario (a dereita) celebra un gol cos seus compañeiros esta tempada
Formación contra o Cire Melide na actual tempada (Mario é o primeiro pola esquerda da fila inferior)
Formación contra o AD Vilamaior na actual tempada (Mario é o segundo pola esquerda na fila superior)

MOITAS FELICIDADES FERREIRO!!!

Ningún comentario: