mércores, 9 de xaneiro de 2013

Xornada 16: A Previa

Difícil e importante reto o que terán os xogadores de José Antonio Vázquez "Hassan" o vindeiro domingo no Campo de O Pinar en Vizoño (Abegondo).

O Atlético Sobrado Xuventude visita a casa do cuarto clasificado, o Vizoño B. No partido de ida disputado no Municipal de Sobrado o marcador rematou como empezou, empate a cero goles. Rememorando un pouco o partido a Máquina Amarilla levou o peso do encontro creando sobretodo na segunda metade oportunidades claras de gol que non encontraron a rede ademáis de un gol de Chino que o colexiado anulou por fora de xogo nun claro erro de apreciación.

O equipo que adestra o ex-xogador do Betanzos CF Naveira dispón de 28 puntos obtidos de 8 partidos gañados e 4 empatados. Pola contra perdeu 3 partidos no que vai de Liga.

No seu feudo o equipo branco sumou un total de 16 puntos, 5 victorias (Abellá B, Vilamaior, Bribes, Cire Melide e Encrobas) e 1 empate (Pontecarreira). Saiu derrotado do Pinar en dúas ocasións 1-4 no derbi fronte ó Mesía e no último partido que xogou na casa 0-1 co Toques.

No Pinar suma 13 goles a favor e 7 goles en contra.

O Vizoño B destaca sobretodo pola súa capacidade defensiva para rendabilizar os seus puntos. Tan so encaixou 13 goles en todo o campionato, é o terceiro equipo que menos goles recibe por detrás de Cire Melide e Atl. Sobrado. Na faceta ofensiva suma 23 dianas.

Para o partido do domingo Naveira non poderá contar con Adrián López sancionado con dous partidos.

Polo que respecta o Atlético Sobrado a mellor noticia é que recupera ó cancerbeiro David logo da súa expulsión en Abellá e a Chino que cumpleu ciclo de amonestacións.

O equipo saiu contrariado o pasado domingo logo de escaparselle a victoria en Vilamaior a pesar de dispoñer de ocasións para non pasar apuros.

Agora o empate do domingo xa é historia e a escadra marela debe centrarse xa no próximo obxetivo que non é outro que a victoria en Vizoño. Unha victoria que val 4 puntos pois tamén está en xogo o golaverage particular entre ambos conxuntos. De gañar, o Atlético Sobrado distanciaría en 9 puntos ó filial branco máis o golaverage polo tanto pódese decir que é un partido chave no transcurrir da tempada.

O equipo prepará o encontro a xogar o domingo as 17.00 horas en O Pinar no Municipal de Sobrado o venres a partires das 20.30h. Hassan dispón de todos os efectivos para tan vital choque.

* INFORMAR QUE: @s que non vos poidades desprazar a Vizoño pola circunstancia que sexa podedes seguir o partido online polo Twitter Oficial do equipo @AtleticoSobrado. Conectaremos a partires das 16.30 horas, media hora antes do partido para dar a alineación titular, os suplentes e diversos datos de interese.


Ningún comentario: