luns, 14 de xaneiro de 2013

Xornada 16: Unha victoria de 4 puntos

Importantísima e valiosísima victoria a acadada na tarde de onte polo equipo de Hassan no "Pinar" de Vizoño fronte ó filial branco.
O equipo marelo fixo un intelixente partido e trouxo para Sobrado 3 puntos que o permiten seguir sendo líder con un colchón de 4 puntos de diferencia sobre o segundo clasificado Cire Melide; ademáis gaña o golaverage particular ó Vizoño B.

O equipo de Hassan foi quen de conseguir unha nova victoria (van 11 en 16 xornadas) desta volta no difícil feudo do Vizoño B. O equipo de Abegondo é un dos mellores conxuntos da categoría e gusta do trato exquisito de balón, aínda así a Máquina Amarilla soupo cando azotar ó filial branco e con unha falta maxistral executada por Chino e unha contra rematada por Fran valeron para gañar o encontro.

Formou o cadro marelo con David, Maikel, Piru, Mario, Esteban, Anxo, Mario Varela, Chino, Fran, Jaco e Naveira. Na suplencia quedaron Samu, Javi, Pedro e Miguel Combo.

O Sobrado estivo ben plantado sobre o terreo de xogo deixando bastante espazo da liña de medio campo coa dianteira para que Naveira intentara castigar a defensa local coas súas longas galopadas.
O C.A.S.X. adiantaríase no minuto 18 logo de unha magnifica execución de un "free kick" a cargo de Chino que aproveitou que o céspede artificial de "O Pinar" estaba bastante rápido e con un lanzamento por riba da barreira o esférico, previo bote antes de entrar ó fondo da rede bateu o gardamallas local.

O Vizoño B creou a maior parte do seu perigo a balón parado en faltas cometidas en 3/4 de campo e varios saques de esquina.

Con 0-1 chegaríase ó descanso.

A segunda metade non puido comezar mellor para os intereses marelos pois ós 3 minutos da reanudación Fran culmina unha excelente contra do conxunto marelo na que Mario Varela obsequiou ó extremo de Teixeiro con un gran pase que o veloz 9 non perdoou facendo o 0-2.

O Vizoño B intentou arrinconar ó Atlético Sobrado sumando máis dominio de balón que fixo que o C.A.S.X. se agazapase por momentos agardando volver a coller algunha outra contra e finiquitar o partido. Tivo Naveira a oportunidade do 0-3 nunha excelente vaselina na que a deusa fortuna quixo que fose dar no pao longueiro da portería local no lugar de acabar no fondo das mallas.

Pedro entraría por Jacobo, Miguel Combo por Naveira e Javi por Mario Varela para intentar tapar as acometidas brancas. Nun erro de marcaxe o Vizoño B recurtaría diferencias. Lanzamento de córner no lado dereito do ataque branco, e Piru, no seu intento de despexe co local Iago facendo oposición acaba marcando en propia porta (é o segundo autogol do C.A.S.X. en dúas xornadas consecutivas).

O Atlético Sobrado apretaría os dentes para conseguir os 3 puntos, o colexiado decretou 6 minutos de desconto para sorpresa visitante que se fixeron moi longos pero finalmente acadouse o obxectivo que non era outro que os 3 puntos.

Victoria nun feudo moi difícil onde está ó alcance de moi poucos equipos gañar. O Atlético Sobrado, líder, suma así 37 puntos por 33 do Cire Melide que é segundo. 3º colócase agora o Mesía con 31 logo da súa victoria 6-1 fronte á SD Pontecarreira que é 4ª con 29 puntos. O últimos posto de promoción de ascenso ocupao neste momento o Bribes CF tamén con 29 puntos. Precisamente será este o conxunto que nos visite na vindeira xornada, o partido terá lugar no Municipal de Sobrado o sábado 19 as 17.00 horas.

O conxunto de Hassan volve a súa casa logo de 3 partidos fora da casa onde o balance de puntos foi bastante bo: 7 puntos de 9 posibles. Victoria en Abellá e Vizoño e empate en Vilamaior.

O Atlético Sobrado leva 15 xornadas sen coñecer a derrota, curiosamente desde a 1ª xornada fronte ó Abellá B. Agardemos que siga a racha.

Nos próximos días iremos facendo a análise do próximo encontro contra o Bribes CF.

FORZA C.A.S.X.

Ningún comentario: