luns, 28 de xaneiro de 2013

Xornada 18: Vital Mario Novo


Un gol de cabeza de Mario Novo á saida de un saque de esquina dou 3 puntos vitais ó Atlético Sobrado no difícil campo de A Senra. Os goles do "kaiser" do C.A.S.X. están cobrando unha importancia capital pois dos 3 goles que leva 2 de eles serviron para conseguir ambas victorias pola mínima. Os pupilos de Hassan apelaron a testiculina para sacar adiante un partido nun terreo de xogo que por zonas non presentaba o estado idóneo para que rodase o esférico.

Comezaba con malas novas o día para o equipo marelo. Ademáis da consabida baixa de Pirulo por acumulación de amonestacións caíanse dúas pezas fundamentais de medio campo da Máquina Amarilla como son Chino e Mario Varela por mor de un virus gripal. Miguel Combo e Naveira tampouco puideron xogar ó 100% de estado físico tamén aqueixados polo mesmo mal.

Así pois Hassan dispuxo de 15 homes para viaxar a Poulo coa novidade de Alejandro Márquez que entraba por primeira vez nunha convocatoria 2 meses despois da súa fichaxe.

O adestrador sobradés formou con David baixo paos, liña de 4 defensas para Miguel Combo, Mario Novo, Esteban e Maikel de improvisado lateral esquerdo, medio campo para Anxo, Antonio, Fran, Jaco e Dami e en punta Naveira.

Para cambios quedaban Samu de porteiro suplente, Isma, Pedro e Alejandro Márquez.

Antes do inicio do encontro o colexiado quixo inspeccionar o estado do campo de A Senra que presentaba sinais de estar moi blando en algunha zona sobretodo en medio campo a altura dos banquiños e no pico de unha das áreas. O Poulo e o colexiado deixaron a deliberación do noso clube se se xogaba ou non o encontro o cal queremos agradecer enormemente polas facilidades amosadas. Así pois decidimos xogar o partido debido a que xa non quedan moitas datas onde poder disputar encontros aprazados ademáis do atranco que presentaría ter que volver a viaxar ata Poulo (40 minutos de carretera).

Destacar a limpeza do partido, increible unha vez visto como estaba o terreo de xogo que era propicio para que houbera choques e disputas fortes pero nada máis lonxe da realidade, o encontro foi unha "oda" ó fair play.


Campo de "A Senra" - Poulo - (Ordes) na tarde de onte

O C.A.S.X. era sabedor, debido as dificultades do terreo de xogo que ía ser o partido máis físico de toda a tempada e o equipo debería cambiar o "chip" de toque por un xogo moito máis directo e sen complicacións. Costou pero co paso dos minutos a Máquina Amarilla foise adaptando o estilo de xogo que requería o céspede e as dimensión do terreo de xogo.

Na primeira metade resaltar unha boa oportunidade do Atlético Sobrado nunha xogada na que Naveira dou o pase da morte a Jaco e o porteiro local nunha estirada inverosimíl co seu pe dereito  rexeitou a córner o remate do menudo centrocampista marelo. Ademáis nesta primeira metade foille anulado un gol ó noso equipo logo de un excelente lanzamento de libre directo de Fran que rematou Miguel Combo e que traspasou a liña de gol pero o colexiado do encontro Fernández Liñares, un gran colexiado sen lugar a dúbidas, sinalou como fora de xogo.

Por parte do Poulo a súa ocasión máis perigosa da primeira metade foi un remate do seu interior dereito Eloy que se foi a escasos centímetros da meta de David.

O descanso foi aproveitado por Hassan para correxir algunhas cousas que non lle gustaron na primeira metade e que os xogadores asimilaron á perfección.

O Sobrado sabedor do que se xogaba e de que non podía fallar nun campo onde os seus rivais directos -salvo o Mesía- sacaron os 3 puntos, sairon a por todas e con un esforzo colosal fixeron unha segunda parte digna de mención.

Intentárono unha e outra vez en ataque con un Jaco que levou perigo por banda dereita e que nun par de boas accións estivo a piques de que os seus centros acabaran en gol.

Hassan fixo o primeiro cambio dando entrada a Pedro por Dami facendo un cambio de posicións de "fichas" sobre o terreo de xogo. Pedro, xogou  na improvisada posición de interior dereito e que raiou a un gran nivel facéndolle axudas a Miguel Combo no lateral dereito e pelexando cada esférico en ataque. 

No minuto 71 chegaría o único gol do encontro, nun saque de esquina que executa Naveira e que Mario Novo nun salto poderoso conecta coa súa testa para mandar o balón a dormir - por fin - ó fondo da rede.

O C.A.S.X. sabía que este gol daba os tres puntos, agora tocaba aguantar en defensa e intentar sentenciar nalgunha veloz contra.

Alejandro Márquez entrou  no lugar de Antonio no minuto 73, un Alejandro Márquez que debutou en competición oficial dous meses despois da súa fichaxe polo Atlético Sobrado. Bo reforzo para afrontar o tramo final de campionato do equipo marelo.

O C.A.S.X. tivo máis oportunidades, unha clarísima de Naveira que un defensa local sacou na liña de gol, outra de Miguel Combo nun remate que se foi fora e outro nun remate de Anxo desde fora da área...

Finalmente Isma entrou por Jaco, un Jaco que acabou o partido de este "guisa" 

O C.A.S.X seguiu abortando calqueira acometida de ataque de un equipo local moi peleón destancando a labor defensiva de todos os xogadores marelos con un descomunal Maikel que estivo todo o partido de auténtico 10 sendo un muro inexpugnable.

Así rematou o encontro logo de 5 minutos de engadido coa victoria número 13 do C.A.S.X. que lle permite seguir mantendo 6 puntos de distancia co segundo clasificado Cire Melide e 8 co 3º que é o CD Mesía. Un conxunto, o de Mesía que visita o Municipal de Sobrado o vindeiro sábado a partires das 17.00 horas nun apaixoante encontro que o longo da semana iremos analizando.

Con este novo triunfo son xa 17 as xornadas consecutivas que leva o Atlético Sobrado sen coñecer a derrota, sendo o conxunto máis goleador empatado co CD Mesía a 39 tantos e o 2º equipo menos goleado con 12 - solo un gol máis que o Cire Melide -.

Dar a miña máis sincera noraboa os bravos xogadores de Hassan polo descomunal esforzo que tiveron que facer para sacar o partido adiante. Un partido que sen lugar a dúbidas foi un dos máis difíciles da tempada por todos os condicionantes e que se solventou de xeito satisfactorio.

FORZA C.A.S.X.


Ningún comentario: