mércores, 30 de xaneiro de 2013

Xornada 19: Atl. Sobrado - CD Mesía (A Previa)


O partido da xornada vivirase o sábado no Municipal de Sobrado a partires das 17.00 horas. A esa hora enfrontaranse o 1º clasificado Atl. Sobrado e o 3º CD Mesía.
8 puntos separan na clasificación a ambos conxuntos nun partido que se presenta como unha verdadeira final para os homes de Hassan. Se gañan deixarán o seu rival do sábado a unha distancia de 11 puntos máis o golaverage a favor e se empatan seguirán tendo a distancia de seguridade de 8 puntos máis o golaverage.
No partido de ida o conxunto marelo fixo un partido acorde coa entidade do rival. Moi ben ordenado e moi serio so lle dou a concesión ó Mesía de un tiro ó longueiro nas postrimerías do encontro. Antes, un doblete de Naveira fixo que o C.A.S.X. puxera terra de por medio. O partido rematou nun 0-2 a prol do Atlético Sobrado. Un Atlético Sobrado que xunto con Toques CF e Sp. Bribes foron os únicos conxuntos ata o de agora capaces de gañar no Campo de "As Mariposas".

CD Mesía suma 35 puntos froito de 11 partidos gañados, 2 empatados e 5 perdidos. Chega a Sobrado como máximo goleador da competición (39 goles) empatado curiosamente co noso equipo. Pola contra encaixou 25 tantos así pois o golaverage xeral dos de Mesía presenta uns números neste momento de +14.

O equipo branco e azul non coñece a derrota desde o 11 de novembro de 2012 desde que perdera en Poulo 2 -1 enganchando unha espectacular xeira de resultados (8 victorias e 1 empate).

A domicilio o Mesía preséntase con 5 victorias (Encrobas, Abellá, Vizoño, Cire Melide e Carral B), 1 empate (Toques) e 2 derrotas (Pontecarreira e Poulo) sumando 17 goles a favor e 11 goles en contra.

O Atlético Sobrado deberá vixilar a toda a zona ofensiva do cadro de Mesía pois son varios os goleadores dos que dispón o equipo que adestra Cañás. Ton (11), Grobas (9), Nacho (5), Miges (5) ou Manuel (4) son os seus máximos artilleiros. Con estas cifras queda fora de toda dúbida a capacidade goleadora do 3º clasificado.

No bando marelo chegan boas novas, Hassan recupera a Piru logo de cumplir ciclo de amonestacións e probablemente tamén a Chino e Mario Varela logo de ser baixa por enfermidade a pasada xornada en Poulo. Ademáis Miguel Combo e Naveira xogaron limitados tamén con síntomas de virus gripal e agárdase que para sábado xa estén o 100% da súa condición física.

Quedan 24 puntos en litixio e agora é onde o equipo debe dar un paso ó frente para saber sobregardar o bo traballo que se leva facendo desde a pretempada.

FORZA C.A.S.X.


Ningún comentario: