luns, 4 de febreiro de 2013

Felicidades Maikel!!!



Onte estivo de cumpleanos un dos xogadores máis polivalentes da escadra que adestra Hassan. Maikel cumpleu 21 anos e desde o Club Atlético Sobrado Xuventude queremos aproveitar este medio para ter unha pequena homenaxe con él.

Maikel cumple a terceira tempada vestindo de marelo e conforme foron pasando as tempadas foi retrasando a súa posición no terreo de xogo. Comezou no equipo xuvenil como dianteiro, o ano pasado chegou a xogar no medio e este ano está reconvertido a defensa onde está a brillar tanto no centro da zaga coma no lateral dereito que é onde xoga actualmente.

CURRICULUM: Michael J. Buján Ferreiro naceu un 03 de febreiro de 1992 en Toques. Chegou na tempada 2010/2011 ó Atlético Sobrado procedente das categorías inferiores do Cire Melide C.F. para enrolarse no equipo xuvenil do noso clube.

2010 / 2011 C.A.S.X. Xuvenil
2011 / 2012 C.A.S.X. Senior
2012 / 2013 C.A.S.X. Senior

CARACTERÍSTICAS: soberbio no corte, inexpugnable no xogo aéreo, bo xogo cos pes... sen lugar a dúbidas estamos a falar de un xogador moi completo que se sabe adaptar á perfección as diferentes misións que lle asigna Hassan.
Esta tempada está a medrar a pasos axigantados sendo un dos referentes do equipo marelo. Comezou xogando como defensa central para despois pasar a ocupar o lateral dereito. Xogador básico nas xogadas de estratexia do C.A.S.X. no xogo aéreo, un dos xogadores que máis reforzan esta característica no Atlético Sobrado sen lugar a dúbidas.
Outra gran virtude é que Maikel é un xogador práctico e xamáis se complica, sabe cando soltar o esférico e elexir a mellor opción. A colocación no terreo de xogo é outro dos seus puntos fortes. Esta tempada o gol estáselle a resistir pois aínda non anotou algunha vez acerto dos cancerbeiros rivais e outras veces por culpa dos paos.

ALGUNHAS FOTIÑOS DE MARELO:

Poulo - C.A.S.X. da semana pasada. Maikel é o que ten o esparadrapo no seu nariz

C.A.S.X. - Vilamaior de principios de tempada. Maikel é o cuarto na fila de arriba comezando pola esquerda

Cire - C.A.S.X. da presente tempada. Maikel é o terceiro da fila de abaixo comezando pola dereita

Encrobas - C.A.S.X. de esta tempada. Maikel é o que está máis á marxe dereita

Quecemento antes do Cire - C.A.S.X. Maikel é o que está en primeiro termo


AÍNDA QUE CON RETRASO, MOITÍSIMAS FELICIDADES MAIKEL, QUE ESTES 21 VEÑAN CARGADOS DE FELICIDADE E BOAS NOVAS PARA TI.

UN SAÚDO MÁQUINA!!!

Ningún comentario: