luns, 11 de febreiro de 2013

Xornada 20: moi preto da GLORIA


O equipo marelo gaña en Mesón do Vento 0-2 e o Cire Melide e Mesía pinchan nos seus enfrontamentos. O TÍTULO e conseguinte ASCENSO está a tan so 3 victorias de xeito matemático. Tempada de MATRICULA DE HONRA da escadra que dirixe HASSAN.

Xa non me saen os calificativos para denominar a tempada que está a facer o Atlético Sobrado: histórica, sublime, espectacular, acojonante (con perdón)..., o de estes 20 xogadores e o seu míster é para facerlles un monumento "per secula seculorum" na Praza do Pobo, de verdade!!!

Non poido facer un amplo resumo de como transcurriu o encontro así que só daremos unhas pinceladas do máis reseñable. Antes de nada agradecer a Pablo Pazos "Pazitos" que onte me tivese informado en todo momento do acontecer do partido para poder informar os nosos seguidores por Twitter do que estaba a ocorrer en Mesón do Vento.

O Atlético Sobrado comezou con David baixo paos; Maikel, Piru, Esteban e Mario Novo en retagarda; Anxo, Chino, Fran, Jaco e Dami ocupando a metade de campo e Naveira como punta de lanza.

No banquiño agardaban a súa oportunidade Miguel Combo, Pedro, Antonio e Alejandro.

A Máquina Amarilla non podía fallar en Monte Rojo pois os seus rivais directos gañaran neste campo e a pesares das dificultades era necesario sacar o partido adiante. Ademáis os seus rivais directos tiñan enfrontamentos complicados  e en caso de sair vencedor dos 3 puntos o Atlético Sobrado tiña posibilidades de ampliar diferencias con algúns dos seus seguidores como así sucedeu.

Axiña se ía poñer por diante o conxunto de Hassan nun magnífico pase interior de Naveira a Fran, o interior andivo fino no man a man co porteiro local Carro e logo de regatealo marcou coa súa perna menos boa, a esquerda. É o 5º gol de Fran na competición ligueira.

Coa victoria pola mínima do C.A.S.X. chegaríase o tempo de lecer.

Os primeiros minutos da segunda metade foron un asedio constante do Atlético Sobrado ó equipo rival que non daba sacado o balón do seu campo buscando un 2º gol que lle dera a tranquilidade. O máis reseñable foi un chut de Chino que pegou no pao da portería local.

Mediada a segunda metade o Mesón fíxose dono do medio campo e comezou a opoñer resistencia ó líder da competición.

O gol da tranquilidade chegaría no minuto 80 por medio do pichichi marelo Naveira que poñía o 0-2 definitivo. Con este gol Naveira alcanza xa a ducia de goles no seu haber.

Finalizaba así o encontro pero aínda agardaban boas novas. Chegaba primeiro o resultado do empate do Mesía (3ª) co Vizoño B e posteriormente a derrota en propio feudo do Cire Melide (2º) fronte ó Abellá B.

Así pois agora o Atl. Sobrado comanda a clasificación con 47 puntos, 2º colócase o Sp. Bribes con 38 (o C.A.S.X tenlle gañado o golaverage particular), 3º é o Cire Melide con 37 puntos (visita o Municipal de Sobrado o sábado, na ida gañou o equipo de Hassan 0-1), 4º agora é o Mesía tamén con 37 puntos (tamén o C.A.S.X. lle ten gañado o golaverage), 5º é a Pontecarreira con 33 puntos, 6º o Vizoño B con 32 (este con un partido menos que disputará mañá en Vilamaior, de gañalo sería 5º con 35), 7º é o Toques tamén con 32 puntos.

Quedan 6 partidos en liza, polo tanto 18 puntos. O C.A.S.X. gañando 3 partidos sería matemáticamente campión de Liga e conseguiría o ascenso á 2ª División Autonómica. O sábado chega un partido trascendental contra o Cire Melide. En caso de victoria dos pupilos de Hassan deixarían ó Cire case sen opcións de ascenso directo. De este partido falaremos ó longo da semana.

GRAZAS A TODOS OS QUE FORMADES PARTE DE ESTE CLUBE, POR FIN SE ESTÁ A FACER XUSTIZA!!!

FORZA C.A.S.X.


Ningún comentario: