mércores, 20 de febreiro de 2013

Xornada 22: Tambre - C.A.S.X. (A Previa)


Farase raro xogar no Municipal de Sobrado como equipo visitante, ocupando así pois, o banquiño e vestiario visitante por primeira vez na historia. O desprazamento de esta fin de semana... máis cercano imposible: ó Municipal de Sobrado, a 1 quilómetro escaso do casco urbán.

Chega o partido de volta do derbi sobradés e con él a emoción da loita pola liga do C.A.S.X. O líder da competición poderíase proclamar o domingo Campión de Liga de xeito matemático. Para elo téñense que dar dúas condicionantes: que o Atlético Sobrado gañe ó seu rival do domingo e que o Sp. Bribes perda no seu desprazamento a Mesón do Vento.

O partido preséntase difícil, como calqueira derbi de cercanía. No partido de ida o C.A.S.X. vencera pola mínima no minuto 92 de xogo con un gol de cabeza de Mario Novo á saida de un córner.

Fora un partido moi igualado onde o Tambre estivo ben prantado sobre o terreo de xogo intentando pechar calqueira ataque con perigo do rival. Chino estivera moi cerca de adiantar o equipo marelo na primeira metade nun lanzamento que saira rozando o pao. Na segunda metade Naveira fora obxecto de un claro penalti que o colexiado non decretara e finalmente sería nunha xogada de estratexia onde o C.A.S.X. se levaría o derbi que a postre tamén lle outorgaría o liderato da competición. O derbi non destacara polo seu bo fútbol pero si polo xogo limpo dos dous contendentes. E desde aquí desexo que se volva a repetir esto último, a fin de contas so é un partido entre veciños onde a diferencia de unha pachanga de un día calqueira é que hai un árbitro polo medio e o que gañe leva 3 puntos, nin máis nin menos.

O rival de domingo presenta uns números de 21 partidos xogados, 5 partidos gañados, 5 empatados e 11 perdidos sumando un total de 20 puntos ata a fecha. Ten 27 goles a favor e 40 goles en contra.

Na casa suma 3 victorias (Vizoño B 2-1, Vilamaior 3-0 e Toques 3-2), 3 empates (Mesón do Bento 2-2, Encrobas 0-0 e Poulo 2-2) e 4 derrotas (Pontecarreira 1-4, Abellá B 3-5, Cire Melide 0-1 e Carral B 1-2).

Como local suma 17 goles a favor por 19 goles en contra así pois ten a balanza de goles moi equilibrada.

Os máximos goleadores do Tambre CF son Moreno con 9 e Nacho con 5.

Non será un partido doado pois o Tambre ten un plantel mellor do que reflicte a clasificación, hai bos xogadores que son capaces de poñerllo difícil a calqueira equipo.

O C.A.S.X. se quere levarse o encontro deberá estar o 100% sabedores de que unha victoria deixaríanos rozando o ascenso de categoría a falta de 4 xornadas.

Hassan dispón de todo o plantel para un encontro  no que as condicións climatolóxicas poden ter un factor importante pois parece que chega moita choiva e frío para a fin de semana.

O encontro comezará as 16.15 horas do domingo 24.

Desde aquí animar a todo a xente a que suba a disfrutar do derbi sobradés e pedir que o comportamento sexa como o do primeiro partido que foi exquisito. Sairemos gañando todos.

Un saúdo

FORZA C.A.S.X.

Ningún comentario: