mércores, 27 de febreiro de 2013

Xornada 23: C.A.S.X. - Encrobas (A Previa)


Sábado visita a partires das 18.00 horas o Municipal de Sobrado o Encrobas C.F. O conxunto do Concello de Cerceda foi un dos que máis e mellor se reforzou a principio de tempada con xogadores de contrastada experiencia tanto na 3ª autonómica coma en categorías superiores.

O próximo encontro é un partido trampa para o Atlético Sobrado pois no caso da escadra das Encrobas os números que presenta na táboa clasificatoria levan a engaño con respecto ó potencial que posee.

O conxunto negro presenta mellores números a domicilio que no seu propio feudo de ahí que o C.A.S.X. deberá estar moi atento sobre todo as contras dos seus perigosos atacantes. Rubio e Simón suman 8 goles cadanseu e Aradas firma outros 6. Con 37 goles a favor o Encrobas é un dos conxuntos que máis goles marca na competición se ben é certo que o seu talón de Aquiles son os goles encaixados (42).

Comezou moi forte a domicilio o conxunto cercedés con victoria a domicilio 0-6 no Mesón do Vento, empate a 0 goles en Sobrado fronte o Tambre e victoria 0-5 en Vilamaior. A súa primeira derrota a domicilio chegaría no desprazamento a Pontecarreira (4-2). Na seguinte visita volvería a senda das victorias, no difícil campo de Abellá levándose o partido por un axustado e vibrante 2-3. Perdería en Vizoño 2-1 e en Poulo acadaría un punto froito do empate a 1 gol fronte os locais. En Mesía caeu 2-1 e en Melide 5-3. Volveu a puntuar no seu desprazamento a Carral 0-0 e na súa última visita a domicilio que foi ó Municipal de Toques saiu goleado 6-2.

Así pois con estes números suma 12 puntos a domicilio de 33 posibles con 3 victorias, 3 empates e 5 derrotas. O Encrobas ten como visitante 23 goles a favor e 22 en contra.

No partido de ida o Atlético Sobrado desperdiciara unha renda de 2 goles nos últimos minutos de encontro. O C.A.S.X. adiantárase por mediación de Mario Varela na primeira metade e Fran ampliara vantaxe unha vez comezada a segunda. O Encrobas faría 2 goles a balón parado nos minutos 84 e 88 que levarían o encontro ó empate a 2 final.

O Encrobas chegará a Sobrado con moitas gañas de victoria pois leva 5 xornadas consecutivas sen facelo, concretamente desde o 19 de xaneiro que lle ganara nas "Tinajas" pola mínima ó Tambre CF.

Así pois 2 cousas debe evitar o Atlético Sobrado se quere levar a bo porto o encontro. Evitar as rápidas contras do ataque cercedés e non facer faltas innecesarias para que as xogadas a balón parado non adquiran un protagonismo capital no encontro.

Hassan non poderá dispor de Maikel, baixa por acumulación de amonestacións. O resto dos 19 xogadores están dispoñibles para o adestrador sobradés.

Desde a Directiva do Club Atlético Sobrado Xuventude queremos agradecerlle ó Encrobas CF que accedese a retrasar unha hora o inicio do encontro, pospoñendo as 18.00 horas no lugar das 17.00 horas que é o horario habitual do C.A.S.X. coma locatario.

O Atlético Sobrado avantaxa neste momento en 7 puntos ó 2º clasificado o Sp. Bribes e esta xornada poderíase proclamar Campión de Liga sempre e cando o C.A.S.X. gañe o seu encontro e o 2º clasificado perda ou empate na súa casa co Cire Melide.

Como sabedes poderedes seguir o encontro Online pola conta de Twitter 

@AtleticoSobrado

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS



Ningún comentario: