luns, 11 de marzo de 2013

ETERNOS!!!


O Atlético Sobrado Xuventude conquista a Liga 2012/2013 e ascende de categoría. Partidazo dos homes de Hassan en Carral. Espectacular celebración dos afeccioados co plantel e xunta directiva.

Apuntade ben estes 21 nomes porque desde onte as 14.20 horas son ETERNOS: David, Samu, Pedro, Isma, Maikel, Miguel Combo, Piru, Jorge Ares, Javi Sánchez, Mario Novo, Esteban, Anxo, Alejandro, Antonio, Fran, Dami, Chino, Jaco, Mario Varela, Naveira e o míster Hassan.

En toda a historia do pobo de Sobrado ningún equipo federado conseguira ascender de categoría e moito menos proclamarse Campión de Liga ata que onte o conseguiu a Máquina Amarilla. Desde XA estes nomes pasan a formar parte da HISTORIA de este pobo, un feito xamáis antes conseguido.

Houbo que madrugar para desplazarse a Carral pero mereceu a pena. O equipo tivo a baixa a última hora de Esteban por problemas físicos así pois Hassan levouse a 15 xogadores a "Os Capelos". Un lugar que estará vinculado ó Atlético Sobrado e que será recordado con moito cariño por todos os que amamos este clube.

O adestrador sobradés formou con David baixo paos, Miguel Combo, Pedro, Piru e Mario Novo en parcela defensiva, Anxo, Fran, Jaco, Mario Varela e Chino en medio campo e Naveira como punta de lanza. No banquiño quedaron agardando unha oportunidade Samu, Isma, Alejandro e Dami.

Comezou o partido do peor xeito posible pois aínda non ía 1 minuto de xogo cando Hugo adiantou ó Carral B aproveitando un balón que recibiu a altura do punto de penalti. Unha vez máis o Atl. Sobrado comezou perdendo e unha vez máis foi quen de remontar o encontro. 

O equipo marelo foi medrando co paso dos minutos e sería MIGUEL COMBO quen con un lanzamento coa súa perna zurda poñería as táboas no marcador logo de aproveitar un rexeite. Volvía a calma para a expedición marela no minuto 18.

A xogada clave do encontro estivo nun hábil roubo de esférico de Fran ó defensa carralés Jose, Fran andivo listo para recuperar en zona perigosa e cando xa encaraba portería Jose tívolle que facer falta amosandolle Soto Eiroa o correspondente cartón vermello directo. O partido poñíase en franquicia.

Co empate chegaríase ó descanso.

Na segunda metade o C.A.S.X. fixo un partido soberbio onde a parcela ofensiva destacou sobremaneira. Chino, Fran, Naveira, Jaco, Mario Varela e Dami fixeron as delicias dos afeccioados marelos con vertixinosas contras e pases o oco.

O 1-2 que deixaba ó C.A.S.X. moi cerca do título tería como protagonista a MARIO VARELA que culminaría unha excelente xogada levada por Fran e Naveira.

Lonxe de intentar defender o resultado o Sobrado intentou ir a finiquitar o partido e poñerlle o punto final ó campionato. Tivo boas oportunidades nas botas de Fran, Naveira e Chino máis unhas veces o cancerbeiro local que saliu en sustitución de Salido que se lesionou na espalda (ÁNIMO!!!) e outras veces o longueiro nun excelente lanzamento de Chino impediron que o C.A.S.X. sentenciara antes.

Sería no  minuto 73 cando o onte capitán  CHINO poñería o broche de ouro ó encontro con un bo gol logo de outra gran xogada.

Xúbilo nos siareiros marelos desprazados a Carral e tocaba agardar que o colexiado decretase o final para dar renda solta as celebracións e as emocións.

Soto Eiroa decretou o final e comezou a festa marela, o campo artificial de Os Capelos tinguiuse de cor marela acompañado de confetti e champán aderezado coas cancións: CAMPEONES, CAMPEONES e ILLA ILLA ILLA, LA MÁQUINA AMARILLA.

Xogadores, directivos e siareiros fixeron un círculo grande e comezaron a festexar. Cánticos, abrazos e incluso algunha que outra lagrimiña de emoción, de saberse campións e de culminar un auténtico soño, o traballo de 15 anos (10 coma equipo federado de fútbol). Por suposto, houbo manteo ó míster Hassan, menos non se podía agardar...

Un fotografo do xornal Depor Sport desprazouse ata o campo e estivo tirando infinidade de fotos. Hoxe recoméndovos que o merquedes pois adícannos unha páxina enteira. Desde aquí agradecer a periodista Laura Queijeiro a súa amabilidade unha vez máis co noso clube.

Seguiu a celebración nas duchas e posteriormente xogadores e afecciaodos marelos engalanáronse coa camiseta que vedes na foto.

A comida de celebración foi no Restaurante Sabino de Teixeiro, o cal lle temos que agradecer a Jose e o seu equipo de traballadores a súa atención con nós a pesares de estar dando 3 horas a lata con diversos cánticos, co tambor, co champán..., GRAZAS.

Posteriormente o equipo desprazouse ata a Cervexería Norfolk de Teixeiro e a continuación fíxose a chegada a Sobrado.

Kiko de Aluminios Coego deixounos a furgoneta para facer o paseo dos CAMPIÓNS polo pobo de Sobrado. Posteriormente a celebración seguiu nos locais de hostelería de Sobrado. ata ben entrada a madrugada.

Resultariame imposible nomear un por un a todas esas persoas que ó longo de estos anos nos axudaron a conseguir o que hoxe xa é unha realidade. Levaríame 3 días poñer os nomes de toda esa xente. Simplemente dar as GRAZAS por todo a todo o mundo que nos anima, que nos apoia, que nos axuda, o pobo de Sobrado pola súa amabilidade e ledicia, os equipos tanto do noso grupo coma de outros que se puxeron en contacto con nós para felicitarnos, os nosos seguidores de Facebook e Twitter (xa pasamos de 300) os que estades ahí cada fin de semana, os que a pesares de estar lonxe nos empuxades cada día e levades un pedazo de Sobrado no corazón, os socios, os seguidores, a estos pedazo de xogadores, compañeiros de Xunta Directiva (CRACKS!), a Hassan, este pedazo de Míster e a todos os que algunha vez formastes parte de este clube... etc etc etc.

Como podedes imaxinar a Felicidade é moi grande, xa somos campións e chega o primeiro título para as nosas vitrinas.

En posteriores días iremos poñendo fotos da celebración que me consta que as nosas seguidoras teñen infinidade delas. 

Desde aquí tamén ANUNCIAR 2 grandísimas noticias:

1. Onte acabamos as existencias da Camiseta de CAMPIÓNS pero esta semana chegarán máis. Os que queirades a camiseta non tedes máis que falar coa Directiva.

2. Para a vindeira tempada o Atlético Sobrado Xuventude terá equipo "B" na 3ª Autonómica para seguir formando xente da canteira que poida surtir ó 1º equipo. Para os que formamos parte da Directiva é unha auténtica ledicia dar esta noticia.

RECORDAREMOS O 10 DE MARZO DE 2013 POR MOITO TEMPO, XA FORMA PARTE DA HISTORIA DO C.A.S.X.





2 comentarios:

Anónimo dixo...

Enhoraboa a toda a familia do Atl. Sobrado.Disfrutade estes momentos inesquencibles.Perico.

Lato dixo...

Graciñas polas túas palabras Chucho. Unha aperta.