xoves, 14 de marzo de 2013
Melián Otero arbitrará o C.A.S.X. - SD Pontecarreira
Nicolás Melián Otero será o encargado de dirixir o encontro correspondente a penúltima xornada ligueira da tempada 2012/2013 entre o Atlético Sobrado Xuventude e a SD Pontecarreira. Encontro por outra parte que servirá ó equipo marelo para brindarlle o Título de Campión de Liga a toda a súa afición xa que unha máxima Autoridade da Federación Galega de Fútbol desprazarase ata Sobrado para dar o Trofeo á Máquina Amarilla nos prolegómenos do encontro.
O partido podédelo seguir a traves da conta de Twitter do equipo. Conectaremos as 16.30 horas para contarvos as incidencias do prepartido e o partido completo. Recordade seguídenos en @AtleticoSobrado
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario