mércores, 6 de marzo de 2013

Xornada 24: Carral B - Atl. Sobrado (A previa)


Toca madrugar o vindeiro domingo para desprazarse á "Vila dos Mártires". O Atlético Sobrado xogará fronte ó filial da UD Carral a partires das 12,30 horas no campo artificial de "Os Capelos".

O C.A.S.X. visita a un rival que presenta uns grandes números na casa con 5 victorias, todas de xeito consecutivo nos seus primeiros 5 partidos na casa (Poulo 2-1, Mesón do Bento 3-0, Tambre 3-0, Pontecarreira 3-0 e Abellá B 3-0), 2 empates (1-1 co Cire e 0-0 co Encrobas) e 3 derrotas (0-1 co Vizoño B, 0-1 co Mesía e 0-1 co Toques).

Como local ten 16 goles a favor por tan so 6 goles en contra sumando un total de 17 puntos  de 30 posibles.

A pesares de que non gaña na casa desde o 18 de novembro antóxase un rival difícil pois o plantel branco ten xogadores de grandes prestacións nas súas filas. Na primeira volta era un dos máximos favoritos para estar loitando polos postos altos da táboa de ahí que sorprendan os resultados das últimas xornadas.

No partido de ida o C.A.S.X. goleara 4-0 nun partido xogado na mañá de sábado. Dami con un golazo e Naveira de cabeza puxeran en franquicia o Atlético Sobrado antes de chegar ó descanso. Xa na reanudación Fran con un golazo de xogada colectiva e Miguel Combo poñerían a puntilla a un equipo que viña lanzado ata que chegou ó Municipal.

O Atlético Sobrado disporá de todo o plantel a excepción de Maikel que se marcha a vivir a Alemaña e que desde aquí lle queremos mandar un afectuoso saúdo ademáis de desexarlle a maior das sortes en terras xermanas. Perdemos un grandísimo xogador pero sobretodo unha mellor persoa. En Sobrado tes a túa casa.

Tan so lle resta un punto a "Máquina Amarilla" para proclamarse CAMPIÓN DE LIGA e conseguir o ASCENSO. Un auténtico soño que está a volta da esquina. Algo realmente colosal e impensable cando comezou a pretempada 2012/2013.

Tamén en próximas datas daremos unha AUTÉNTICA PRIMICIA con respecto a vindeira tempada e o C.A.S.X. Algo que vai ser unha noticia espectacularmente boa. En pouquiñas semanas farémolo xa OFICIAL.

Coma sempre podedes seguir o partido online Carral B - Atl. Sobrado Xuventude na nosa conta de Twitter @AtleticoSobrado conectaremos as 12.00 para facilitar as aliñacións e as novidades de última hora.

Ata daquela mandar un cordial saúdo a multitude de seguidores MARELOS e desde aquí animar a que se despracen co equipo o vindeiro domingo a pesares do madrugón. Quedan 3 partidos ligueiros e o esforzo merece a pena.

Un saúdo

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS


Ningún comentario: