mércores, 13 de marzo de 2013

Xornada 25: C.A.S.X. - SD Pontecarreira (A Previa)


O FLAMANTE CAMPIÓN DE LIGA CLUB ATLÉTICO SOBRADO XUVENTUDE recibirá no seu último partido coma locatario da tempada ó 5º clasificado, a SD Pontecarreira.

O conxunto de Frades xógase máis no envite que a Máquina Amarilla. Os azuis están agora mesmo ocupando o último posto que da acceso a disputar o "play off" polo ascenso e chegan ó Municipal de Sobrado sabedores de que calqueira tropezo con tantos equipos metidos na loita pode ser mortal de necesidade.

A SD Pontecarreira sumou xusto a metade dos puntos que disputou a domicilio: 18 de 36 con 5 victorias (Bribes, Poulo, Mesón do Bento, Tambre e Toques), 3 empates (Abellá B, Vizoño B e Encrobas) e 4 derrotas (Carral B, Vilamaior, Mesía e Cire Melide).
A balanza de goles a favor e en contra como visitante está moi igualada. Marcou 24 goles e recibiu 25.

No total da clasificación está 5º como antes citabamos empatado a 41 puntos con CD Mesía e Toques CF. Dispón de 12 partidos gañados, 5 empatados e 7 perdidos con 47 goles a favor e 42 en contra.

No partido de ida o Atl. Sobrado goleara 0-4 con doblete do pichichi Pablo Naveira que o sábado non poderá xogar por acumulación de amonestacións, e doblete tamén de Dami.

Pola súa banda o Atlético Sobrado chega ó encontro cargado de ledicia polo campionato conseguido e con gañas de brindarlle unha nova victoria a súa afición para poñer broche de ouro a unha tempada colosal. O equipo de Hassan gañou 8 partido como local, empatou 3 e tan so perdeu 1, o da primeira xornada fronte ó Abellá B. Así pois, tan so deixou escapar 9 puntos do Municipal de Sobrado.

Será un día moi especial para a historia do pobo pois por primeira vez un equipo federado de Sobrado recibirá o Trofeo que o acredita como Campión de Liga. Unha máxima autoridade da Federación Galega de Fútbol estará no Municipal de Sobrado para entregar tan valioso premio antes de que dé comezo o partido.

Como ben sabedes, desde o Clube lanzamos unha campaña para que os nosos siareiros e siareiras veñan alentar ó equipo vestidos con unha prenda marela para ofrecer unha espectacular imaxe de cor na honra dos CAMPIÓNS.

A cita co público é o sábado as 16.45 horas, un cuarto de hora antes de que dé comezo o encontro. Animádevos a subir ó Municipal para estar presente nun feito histórico no pobo.

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS
#omunicipaldemarelo

Ningún comentario: