luns, 18 de marzo de 2013

Xornada 25: o trofeo de CAMPIÓNS xa é noso


C.A.S.X. e Pontecarreira empatan 3 a goles nun partido onde cada equipo dominou unha parte. Xornada festiva na familia marela coa recepción do trofeo de Campións de Liga 2012/2013.

O partido do pasado sábado veu marcado pola recepción do Club Atlético Sobrado Xuventude do trofeo que o acredita como CAMPIÓN DE LIGA 2012/2013. Un directivo da Federación Galega de Fútbol persoouse no Municipal de Sobrado para facer entrega do trofeo ó noso clube. Cando o equipo marelo saiu ó terreo de xogo, todo o plantel da SD Pontecarreira acompañado por parte da canteira do C.A.S.X. fixéronlle o pasiño de honra os homes que adestra Hassan. Desde aquí quero agradecer tanto a Federación Galega de Fútbol coma a SD Pontecarreira a súa amabilidade co noso clube nun día tan especial para nós.

Hassan aliñou a Samu en portería, defensa para Miguel Combo, Pedro, Alejandro e Esteban, medio campo para Anxo, Fran, Chino, Mario Varela e Dami e Jaco en punta.

Para cambios quedaron: David como porteiro reserva, Mario Novo, Isma e Antonio.

O C.A.S.X. saiu moi enchufado no encontro, querendo agradar os seus afeccionados no último partido da tempada no Municipal. No minuto 2 Fran ía adiantar a Máquina Amarilla logo de unha boa xogada de equipo.
No minuto 10 sería Chino quen de soberbia vaselina marcaría o 2-0. Os homes de Hassan sairon como un vendaval. Tivo Chino de novo o terceiro nun gran lanzamento que repeliu o cancerbeiro visitante Miguel, o despexe caeulle de novo a Chino e de novo Miguel fixo unha boa intervención para evitar o terceiro tanto.

A SD Pontecarreira ía acurtar distancias nunha xogada de contrataque onde Wage andivo moi rápido para dar unha asistencia de gol a un dos dianteiros azuis.

Antes do descanso, de novo Fran volvería a poñer terra de por medio con outro gol nunha boa definición man a man co porteiro visitante. Co resultado de 3-1 chegouse o descanso.

Na segunda metade o equipo marelo non foi tan agradecido no esforzo e acabouno pagando, o C.A.S.X. baixou a intensidade e a Ponte subeuna sabedor de que se xogaba seguir nos postos de promoción de ascenso.

Reduciría diferencias a balón parado con un gol de Torres. Minutos máis tarde anularíanlle un gol a Javi xa que o colexiado viu o agarrón que sufriu Esteban dentro da área. Xa no minuto 76 empataría a Pontecarreira con un soberbio golazo de Adrián Blanco. O marcador xa non se movería. Así pois reparto de puntos que lle sirve o Atlético Sobrado para seguir unha xornada máis coa súa xeira de partidos sen perder. Xa van 24 consecutivos.

A despedida a esta tempada para enmarcar, terá lugar o vindeiro domingo a partires das 16.30 horas na veciña vila de Toques fronte a un rival que se xoga meterse no playoff de ascenso.

Desde aquí quero desexarlle unha pronta recuperación a Daniela, filla de Piru e María que estes días anda un pouco enfermiña.

En próximos días faremos a última previa da tempada así como seguramente poderemos ir poñendo fotos da celebración do título ligueiro así coma da recepción do trofeo de campións.

Un saúdo

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS

Ningún comentario: