venres, 12 de xullo de 2013

O Primeiro Equipo vota a andar o luns

O Primeiro Equipo do CLUB ATLÉTICO SOBRADO XUVENTUDE vota a andar o vindeiro luns día 15 de xullo. O equipo que prepara Hassan comezará así unha dura pretempada para afrontar con garantías o seu estreno na 2ª Autonómica logo de conseguir un FLAMANTE ASCENSO na tempada pasada conquistando a Liga e perdendo tan so un partido, concretamente o primeiro fronte o S.E. Abellá SDC "B", logo de 26 disputados. A Máquina Amarilla firmou uns números que quedarán para sempre aí, con uns rexistros dificilmente superables.

O equipo marelo xa ten fichado a dous novos xogadores que sen lugar a dúbidas daranlle un salto cuantitativo e cualitativo ó equipo IAGO CORRAL que proven do equipo xuvenil do C.C.D. Curtis e ISAAC MARTÍNEZ que fará a súa primeira incursión no mundo do fútbol xa que ata o de agora estaba a xogar a Fútbol Sala no Equipo do Pub Q+? da Liga Local da Coruña.

O Clube segue na procura de novas altas e non se descarta que en próximas datas se den nomes de novas incorporacións. Estase a falar con varios xogadores de diversas posicións para ver as posibilidades de que acaben recalando no noso equipo.

En próximos días teredes fotos das presentacións de IAGO CORRAL e de ISAAC.

Benvidos á Tempada 2013/2014 

Ningún comentario: