venres, 4 de outubro de 2013

Xornada 5: Atl. Sobrado - Visantoña C.F. (A Previa)


O Club Atlético Sobrado Xuventude xogará por segunda semana consecutiva con un equipo pertencente ó Concello de Mesía. Trátase de esta volta do Visantoña C.F., un vello coñecido que coincidiu co noso equipo hai dúas e tres tempadas na 3ª Autonómica.

O conxunto branco non comezou como se agardaba o curso 2013/2014 pois ocupa a penúltima posición na táboa clasificatoria con 1 punto pero isto non deixa de ser algo pasaxeiro. Tan so a mala fortuna en momentos puntuais dos partidos e as abondosas lesións que lastra á escadra do Visantoña C.F. impediron que o equipo non sumase máis puntos e non ocupe unha posición moito máis alta que de seguro e visto o gran plantel do que dispón non tardará en ocupar.


Non cabe lugar a dúbidas de que o rival ó que nos enfrontamos o vindeiro domingo é un dos claros favoritos ó ascenso de categoría á 1ª Autonómica. Tan so van 4 partidos disputados e quedan 30 en liza. Así pois o cadro branco ten marxe de maniobra para enmendar este comezo de campaña e acabarse situando onde se lle presupón.



Os datos do Visantoña C.F. son os seguintes: 1 empate (3-3 contra ó Obrero) e 3 derrotas (0-2 contra Santa Cruz, 1-2 contra San Martiño e 2-1 contra Larín). Derrotas por outra parte moi axustadas así pois ó C.A.S.X. non deberá fiarse dos fríos números e sí pensar no amigable que se disputou no verán en Visantoña no que o C.A.S.X ía gañando 0-2 pero finalmente o conxunto local remontou e gañou 3-2. Dispón no seu haber de 5 goles a favor por 9 goles en contra.



Os goleadores ata o momento do Visantoña C.F. son: Ferraces 2, Moisés 1, Sergio 1 e Risi 1.



Por outro lado citar que a semana pasada os dous clubes se puxeron de acordo para alterar a orde de partidos e xogar primeiro en Visantoña por mor das obras que está a sufrir o Municipal de Sobrado mais a Federación Galega de Fútbol non aceptou as diferentes propostas que os clubes lle propuxemos para o cambio de partido. Así pois, finalmente non houbo elección e o partido tivo que establecerse para este domingo 6 a partires das 12,00 horas no "Campo Novo" de Curtis.



As veces hai cousas que non se entenden moi ben pero onde manda patrón non manda mariñeiro...



O Atlético Sobrado presenta a baixa segura para este encontro de Pablo Naveira que se ausentara por motivos persoais. O resto do equipo terá sesión preparatoria para o encontro hoxe a partires das 21,00 horas no "Campo Novo" de Curtis.



Ningún comentario: