venres, 11 de outubro de 2013

Xornada 6: CCD Queixas - Atl. Sobrado (A Previa)



O domingo o equipo de Hassan visita o Campo de Fútbol de "A Revolta" en Queixas (Cerceda) para enfrontarse ó C.C.D. Queixas.


Había xa algúnhas tempadas que Atl. Sobrado e Queixas non se enfrontaban logo de que o equipo branco ascendera tras gañar o campionato de Liga abandoando así a 3ª Autonómica e subindo de categoría.



Os cercedeses son un dos mellores equipos deste Grupo II da 2ª Autonómica, con unha base de xogadores que se coñecen á perfección pois veñen xogando xuntos desde categoría xuvenil de ahí que o potencial do equipo sexa un dos máis importantes da categoría.



Especial atención merecerá o seu dianteiro Álvaro, 3 goles nesta campaña. Un dianteiro que tempada tras tempada sempre acada unha cifra moi importante de goles e soe estar entre os máximos artilleiros do campionato. Outro xogador a  destacar é Minguilla, ex-xogador de Ordes e Mesón do Bento na 3ª División. Precisamente Minguilla e o 2º máximo goleador dos brancos xunto con Borja, con 2 goles cada un.



O CCD Queixas viaxa 8º na clasificación con 9 puntos con 3 partidos gañados (Almeiras, Portazgo e Mesía) e 2 partidos perdidos (Brexo Lema e Marino de Mera). Dispón de 10 goles a favor por 12 goles en contra. Se ben é certo que a metade de eses goles (6) encaixounos  na primeira xornada de Liga fronte ó Brexo Lema.



Un equipo moi serio e moi traballado o que terá coma rival o domingo a partires das 16.30 horas á "Máquina Amarilla".


Pola súa banda o Atlético Sobrado chegará a este encontro plagado de baixas. O partido contra Visantoña  CF pasou moita factura en forma de lesións; Esteban será baixa por un periodo prolongado logo de que se lle diagnosticara unha fisura no esternón froito de un cobadazo sufrido no transcurso do encontro. Tampouco son alentadoras as novas para Pablo Naveira, que nunha caida no citado partido sufriu unha luxación do ombreiro polo que tamén estará apartado varios encontros dos terreos de xogo. Fran Miraz segue con molestias na súa rodilla dereita e está sendo inspeccionado polos médicos da mutua para saber cal é a doenza que ven arrastrando. Ademáis Hassan perderá por sanción a Mario Novo logo de ser expulsado por doble cartón marelo a pasada xornada. Así pois 4 homes importantes que non poderán ser da partida no encontro.



No apartado de altas regresan Alberto Márquez e Antonio á convocatoria.



O encargado de impartir xustiza será o colexiado Juan Núñez Fiuza.



#FORZACASX

#SOMOSAMARILLOS

Ningún comentario: