luns, 25 de novembro de 2013

Xornada 12: NUNCA MÁIS (A Crónica)


Partido para olvidar do Atlético Sobrado no campo de Oseiro (Pastoriza). O cadro marelo encaixou unha dura derrota 4-0 nun partido no que non fixo méritos para conseguir nada positivo.
O noso equipo iría perdendo o descanso 2-0 e outros dous goles do equipo local nos segundos 45 minutos completaron a goleada.

A imaxe de onte é que non queremos ver e pola que non se caracteriza o noso equipo. Así pois, toca olvidar rapidamente estes episodios de malos resultados, confiar no traballo, levantar a cabeza e seguir pois tan so vai un tercio de competición e aínda quedan 66 puntos en xogo. Marxe máis que suficiente para que de unha vez por todas o equipo lle colla o pulso esta esixente categoría como é a 2ª Autonómica.

FORMACIÓN:

Luis Ibáñez, Ale, Alberto Márquez, Esteban, Mario Novo, Iago (Rive min. 77), Anxo, Luis Mato (David min 70.), Jaco (Miguel López min. 54), Mario Varela, Isak.

Ningún comentario: