Espectacular a tempada que ven de realizar o piloto de Enduro do Club Atlético Sobrado Xuventude Fernando García Herrero "Nando".
O piloto sobradés conseguiu meterse entre os 10 primeiros postos da Clasificación Final do Campionato Galego de Enduro na categoría E3. Nando conseguiu o 9º posto logo de sumar un total de 24 puntos.
A pesares de non poder participar en todas as probas do circuito galego este 9º posto ven a confirmar que o piloto do C.A.S.X. segue en progresión e mellora así as súas propias estadísticas.
Noraboa a Fernando García por esta espectacular tempada e por levar o nome do Club Atlético Sobrado Xuventude por toda a xeografía galega.
Ningún comentario:
Publicar un comentario