luns, 2 de decembro de 2013

Xornada 13: O C.A.S.X. medra nas adversidades (crónica)

SENIOR: ATL. SOBRADO 1 - BREXO LEMA 1

Todas as cousas se puxeron na contra do Atlético Sobrado esta fin de semana: 9 baixas (maioría do equipo titular) Esteban, Isaac, Mario Varela, Fran, Mario Novo, Naveira, Jaco, Antonio e Rive por mor de viaxes, un equipo rival que porfiu para que o partido non se xogara domingo e obligar o noso equipo para facelo xogar sábado, ter que usar xuvenís que remataran de xogar había 3 horas outro partido..., xa dentro do partido a expulsión de Alberto,,,, aínda así, o equipo de Hassan dou nos fuciños a un Brexo Lema que chegou moi confiado de levarse coa gorra os 3 puntos en litixio e que viu como nos minutos finais se lle escaparon 2 grazas a un gol do pichichi marelo Chino.
Este resultado reforza o noso conxunto, falto de fortuna en outras ocasións e que por fútbol e plantel ten que medrar na competición. Este punto contra o segundo clasificado debe fortalecer e impulsar a un equipo que está a medrar.

XUVENÍS: ATL. SOBRADO 3 - ORDENES B 0

O equipo de Isma García está a facer un auténtico escándalo de tempada con 6 victorias e tan so 2 derrotas. Desta volta a víctima foi o Ordenes B e os executores Miguel López en 2 ocasións e o pichichi Marcos Combo que non faltou a súa cita co gol. A Minimáquina Amarilla adianta unha posición na táboa esta semana e xa se sitúa 3º clasificado.

NORABOA A AMBOS CONXUNTOS

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS

Ningún comentario: