venres, 13 de decembro de 2013

Xornada 15: Atl. Sobrado - J. Almeiras (A previa)



Vital o partido que afrontan mañá os pupilos de José Antonio Vázquez "Hassan" contra o U.D. Juvenil de Almeiras a partires das 17,00 horas no Municipal de Sobrado.

O equipo marelo debe comezar a sumar de 3 en 3 para salir da zona de descenso na que se encontra inmersa e que mellor maneira de reconciliarse coa victoria que no seu campo e fronte a súa afición.

O rival de mañá chega a Sobrado situado xusto na metade na táboa, en 9ª posición, co mismo bagaxe de partidos gañados que perdidos (6) e con 2 encontros empatados. Suma un total de 20 puntos con 24 goles a favor e 25 goles en contra.

Os seus máximos artilleiros ata o de agora son: Roi (6), Diego Carrillo (4) así coma Brais e Jash (3). Ademáis, os branquiazuis chegarán a Sobrado con 3 baixas por mor das sancións.

Pola súa banda o Atlético Sobrado parece que terá dispoñible a gran maioría do plantel para intentar comezar a escalada na clasificación. As dúas últimas xornadas de este ano afrontaraas coma locatario algo que ten que servir de revulsivo.

XUVENÍS:

o equipo de Isma García abrirá a xornada de este sábado futboleiro en Sobrado a partires das 12,00 horas tamén no Municipal de Sobrado. O rival que nos visita mañá é o Atlético San Pedro.

A minimáquina amarilla quere seguir coa súa gran tempada que o ten ata o de agora 3º na clasificación xeral. Será baixa Miguel Folgoso por lesión.

Ningún comentario: