venres, 7 de marzo de 2014

Xornada 26: Sporting Cambre - C.A.S.X. (A Previa)


Dificilísimo desprazamento o que afronta o C.A.S.X. senior esta fin de semana. Non so pola entidade do rival que é un auténtico equipazo senón polas numerosas baixas que o cadro marelo presenta para este envite.

Falar do Sporting Cambre é falar de un equipo que foi de menos a máis. Un conxunto que presenta uns números de escándalo na segunda volta. A escadra branca non perde desde o 24 de novembro cando caera 0-1 contra o Juvenil de Almeiras e suma 6 victorias de xeito consecutivo.

Está ubicado na 3ª praza, loitando co Brexo Lema por poder ocupar a praza de promoción de ascenso a 1ª Autonómica. Suma agora mesmo 47 puntos para un total de 14 partidos gañados, 5 empatados e 5 perdidos. Dispón de 43 goles a favor por 21 goles en contra.

Na faceta goleadora destacan Juan Uzal con 13, Gomis con 8 e Alex Cao con 6. 

Sen lugar a dúbidas é a nivel persoal o equipo que máis me gustou dos que vin esta tempada. Un cadro moi ben traballado, rápido, con toque, as ideas moi claras e uns xogadores que funcionan á perfección desde o primeiro o último. Ademáis teñen o que para min é o mellor porteiro da categoría: Pichotes. 

No partido de ida gañaron os brancos 0-2 con goles de Gomis e Juan Uzal. Con 0-1 no marcador Pichotes detivo espectacularmente un penalti executado por Alberto e uns intres despois o Cambre firmaría a sentecia nunha contra.

Polo que respecta o Atlético Sobrado o equipo para esta semana está collido con pinzas: son baixas seguras Esteban, Mario Novo e Iago Corral por acumulación de amonestacións. Fran por motivos persoais, Rivera por lesión e Alberto, o cal se lle foi proporcionada a carta de liberdade. O seu próximo destino é o Atlético Melide.

O encontro comezará as 18,30 horas o vindeiro domingo logo de que o Sporting Cambre se puxera en contacto con nós debido a que as 16,30 horas ten que xogar no Dani Mallo un dos equipos impricados na promoción de ascenso a 2ª Autonómica, e como teñen que xogar todos obligatoriamente a mesma hora o noso partido foi trasladado as 18,30 horas.

XUVENÍS: San Estevo de Abellá SDC - CASX

O equipo de Isma García retoma a competición logo do parón de Entroido desprazándose o Concello de Frades para afrontar o encontro ligueiro fronte a un clube amigo onde poido presumir de unha gran amizade persoal desde a época do Instituto co seu Presidente Dani Fuentes.

O encontro xogarase no Campo de O Vedral e comezará as 16,15 horas.

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS
#SISEPODE

Ningún comentario: