venres, 25 de abril de 2014

Xornada 32: U.D. Juvenil Almeiras - C.A.S.X. (A Previa)



O Atlético Sobrado viaxa o domingo ó campo de "Os Loureiros" en Almeiras (Culleredo)  para enfrontarse a partires das 17,00 horas ó equipo local, a Unión Deportiva Juvenil de Almeiras.

Faltan 3 xornadas para o remate do Campionato Ligueiro e a pesares de que o equipo marelo está descendido non escatima esforzos en competir ata o final. Agora o obxectivo é superar ó Sigrás na clasificación e poder quedar o máis arriba posible.

O C.A.S.X. afronta o partido sen presión, todo o contrario que o equipo local que se encontra no posto 14 e que agora mesmo ocuparía praza de descenso por mor dos arrastres. Así pois prevese que o equipo branquiazul saia a por todas desde o principio, algo que pode propiciar que o C.A.S.X. saque "tallada" dos posibles ocos que poida deixar a retagarda local.

O Juvenil de Almeiras suma 35 puntos froito de 11 victorias, 2 empates e 18 derrotas con 46 goles a favor por 59 goles en contra.

Como local presenta os seguintes números: 6 victorias, 2 empates e 7 derrotas sumando 23 goles a favor por 24 goles no seu debe.

A faceta goleadora está ben repartida no equipo de Almeiras: Brais 9, Roi 8, Carrillo 7, Víctor 5 e Jash 4.

No partido de ida o equipo de Hassan gañara 3-1, agardemos que de novo o resultado sexa favorable os nosos intereses.

O adestrador sobradés non poderá contar cos seus 2 máximos goleadores: Chino por acumulación de amonestacións e Isak por motivos persoais. Así pois a responsabilidade anotadora recaerá sobre homes como Dami, Luis Mato, Mario Varela, Naveira, Fran ou Jaco. Ademáis tamén causará baixa Esteban por motivos laborais polo que seguramente Hassan tirará de equipo xuvenil para poder completar a convocatoria.

Coma sempre podedes seguir o partido online na nosa conta oficial de Twitter @AtleticoSobrado

XUVENIL: C.A.S.X. - San Tirso S.D.

O equipo de Isma García recibe nesta penúltima xornada ligueira (último partido coma locatario) o San Tirso S.D. de Mabegondo. Agardemos que o equipo Xuvenil despida a tempada no Municipal de Sobrado con unha victoria. O encontro disputarase mañá sábado as 17,00 horas.

Ningún comentario: