xoves, 8 de maio de 2014

Xornada 34: C.A.S.X. - Marino de Mera



O C.A.S.X. despídese da 2º Autonómica na casa fronte ó líder e flamante novo equipo de 1ª Autonómica, o Marino de Mera.

O conxunto de Oleiros ven de proclamarse campión de Liga a pasada xornada, así pois, o C.A.S.X. faralle o merecido pasillo de honra ós azuis.

Os números do Marino non deixan lugar a dúbida: 25 partidos gañados, 4 empatados e 4 perdidos sumando un total de 76 goles a favor por 30 en contra. Suma 79 puntos.

Como visitante tamén presenta uns magníficos números: 10 victorias, 3 empates e tan so 3 derrotas.

Os seus máximos goleadores son: Liñares 20, Mario Rey 11, Andrés 9 e Algeli 7.

Pola súa banda, o C.A.S.X. penúltimo clasificado aspira no caso de conseguir a victoria a sobrepasar na clasificación ó Sigrás.

A pesares de que os resultados non acompañaron, o ano a nivel deportivo foi bastante aceptable. Nunha categoría onde o nivel é moi superior a 3ª Autonómica, o equipo competiu con orgullo en moitos dos 33 partidos ata o de agora disputados. Estar este ano na segunda autonómica foi un auténtico regalo froito do ascenso da pasada campaña.

Hassan non poderá contar con Ale para este último envite debido a que terá que cumplir ciclo de amonestacións. Debido a que o equipo Xuvenil xa rematou a competición non é descartable que algúns xogadores de esta categoría entren na convocatoria do adestrador sobradés.

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS

Ningún comentario: