venres, 7 de novembro de 2014

Xornada 10: Tambre - Atl. Sobrado Xuventude (A Previa)



Sobrado vivirá  o domingo o 3º enfrontamento da historia entre os dous clubes de fútbol que actualmente están federados na localidade. O partido dará comezo as 17,30 horas e o Atlético Sobrado tocaralle xogar coma visitante.

Nos dous encontros anteriores disputados hai dúas tempadas, co C.A.S.X. como local o resultado fora de victoria dos marelos pola mínima 1-0 no tempo de desconto con gol de Mario Novo a saida de un córner. No partido de volta, coa Máquina Amarilla de visitante o resultado fora de empate a 2 goles. Os 5 minutos gañaba o Tambre 2-0 logo de un máis que dubidoso penalti e un gol en propia porta. Antes do descanso Pablo Naveira e Mario Varela establecerían as táboas no marcador. Na segunda metade o partido fora un monólogo do Atlético Sobrado con claras oportunidades de gol e con lanzamento de falta ó largueiro de Chino incluido pero o marcador xa non se movería.

Do rival do vindeiro domingo comentar que está a facer un gran primeiro tercio de tempada, ocupando a segunda posición da táboa con 19 puntos aínda que con un partido máis que o primeiro clasificado (Mesía) e terceiro clasificado (Bribes). 

O conxunto violeta suma 6 partidos gañados (Once Caballeros, Abellá B, Curtis, Encrobas, Pontecarreira e Vizoño B), 1 partido empatado, o da semana pasada en Mesón do Vento e 2 partidos perdidos contra os equipos que nombrábamos antes: Mesía e Bribes.

É o equipo máis realizador do torneo con 28 tantos mentres que 12 son os goles que leva encaixado ata o de agora.

Como máximo realizador destaca Cololo que levaba 9 goles en 7 partidos pero que desde hai dúas semanas é novo xogador do Malpica da 1ª Autonómica.

O C.A.S.X. deberá evitar as xogadas a balón parado do equipo local pois a altura de Iván Cabado e Camino pode facer moito dano. Iván Cabado, o ex-xogador do C.A.S.X. suma a excelente cifra de 4 goles mentres que Camino suma 3. Ademáis tamén Micael e Iván Freire suman 3 goles.

No Tambre será baixa por sanción outro ex-xogador do C.A.S.X., Nacho.

O Atlético Sobrado afronta o derbi reforzado logo dos dous últimos resultados. Por fin e logo de tanto loitar o sábado o esférico comezou a entrar na portería rival. Estaba claro que era cuestión de tempo e que os resultados visto o xogo do equipo tiñan que chegar sí ou sí. Agora toca dar outro paso adiante e seguir polo camiño do éxito.

Hassan ten dispoñible a todo o plantel coa única dúbida de Luis Mato logo do esguince sufrido o pasado sábado na victoria contra o Curtis.

Por desgraza parece que o tempo deslucirá a festa do fútbol sobradés e as prediccións meteorolóxicas apuntan a que o domingo estará unha desapacible tarde de auga e frío. Ogallá non sexa así e tanto ambos equipos como os seguidores de un e outro equipo que se acerquen ó Municipal disfruten de unha gran tarde de fútbol onde por riba de todo e coma nos dous partidos anteriores prime a coordialidade e o xogo limpo sendo exemplo así para outros derbis que se disputan en outras localidades.

Arbitrará o partido o colexiado Iván Guerra Domínguez.

O partido como é habitual cada xornada podédelo seguir online pola nosa Conta Oficial de Twitter @AtleticoSobrado conectamos as 17,00 horas para darvos a aliñación e a relación de suplentes.

Pola súa banda o equipo XUVENIL terá xornada de descanso.

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS
#1997

Ningún comentario: