luns, 15 de decembro de 2014

Xornada 15: Derrota 8 partidos despois (A Crónica)


O Atl. Sobrado ve truncada a súa boa xeira de resultados logo de 7 partidos sen coñecer a derrota. O Bribes aniquilou os marelos en 3 zarpazos. Bo debut do Xuvenil José Luis na portería do C.A.S.X. Manu Paderne marcou o gol da honra.

O C.A.S.X. caeu derrotado 8 partidos despois no seu desplazamento á Barcala. O conxunto marelo afrontou o encontro coas importantes baixas en ataque de Ivo, Isak, Luis Mato, Marcos Combo ademáis do lesionado de longa duración Miguel Folgoso. Por se esto non fose dabondo, un dos xogadores que onte participou en zona de ataque como River tivo que ser sustituido no minuto 27 por Manu Costoya logo de sufrir unha picada na súa perna dereita. Haberá que agardar uns días para saber a evolución da lesión.

Do partido de onte reseñar dúas boas novas: os debuts en competición oficial do porteiro do equipo Xuvenil José Luis por mor da lesión do capitán David e o de Piru que parece que por fin deixou atrás o pesadelo das lesións.

Axiña se ía adiantar o Bribes, corría o minuto 6 cando os locais con astucia executan unha rápida falta en 3/4 de campo, o esférico chega a Alejandro Santoandre que libre de marca encara man a man a José Luis, ó seu lanzamento pouco puido facer o xove cancerbeiro marelo.

Co paso dos minutos o C.A.S.X. foise adaptando pouco a pouco a superficie articial de "Lendoiro" e comezou a xerar ocasións de perigo con un Pablo Naveira omnipresente nos primeiros 45 minutos facendo xogar á Máquina Amarilla. O primeiro que dispuxo de unha boa ocasión foi Fran pero o seu lanzamento foise elevado, despois sería Manu Paderne quen lanzaría fora coa súa perna esquerda e posteriormente Dani que executou unha falta por riba da trabe do equipo local.

No minuto 21 chegou o gol do empate do Atlético Sobrado. Balón en profundidade a Fran que gaña a liña de fondo, pase da morte que un defensa despexa mal, o esférico chegalle a Manu Paderne que tan so ten que empurrar o esférico ó fondo da rede. 5º gol do dianteiro Xuvenil que se afianza como máximo artilleiro marelo no que vai de competición.

O C.A.S.X. seguiu medrando no encontro intentando xerar novas ocasións de gol, pola súa parte o Bribes intentaba adueñarse do medio campo capitaneado polo seu xogador número 8 Jacobo: xogadorazo!!!

O colexiado, moi fora do encontro en todo momento, decidiu engadir 4 minutos á primeira metade. Curioso cando so houbo un cambio e 2 entradas para atender xogadores. O caso é que na última xogada dos primeiros 45 minutos o Bribes íase adiantar de novo por mediación de Óscar García, o seu lanzamento axustado pouco lle puido facer de novo José Luis. Os marelos reclamaron fora de xogo pero o gol subiu ó marcador. O Bribes fixo 2 tiros a portería na primeira metade e os dous foron gol.

O pouco de comezar a segunda parte o Bribes puxo terra de por medio no marcador. Minuto 49, José Luis saca de portería o esférico chega á altura de Jacobo que sen deixala votar engancha unha fenomenal volea desde case medio campo e sorprende a José Luis. Ante goles de este tamaño tan so queda levantarse e aplaudir.

Hassan cambiou a defensa de 3 para intentar ter más presencia en ataque, entrou Miguel Combo no lugar de Dani para dotar ó equipo de máis mordente ofensiva. Intentouno unha e outra vez o conxunto de Sobrado máis sen éxito. Rafa ocupou minutos máis tarde o lugar de Anxo e Piru, o lugar de Mario Varela pero o marcador xa non se movería.

Derrota do C.A.S.X. contra un moi bo equipo con grandes peloteiros e que sabe o que xoga.

Agora toca pensar xa no seguinte encontro que será o 3 de xaneiro contra o líder o C.D.Mesía pois esta semana o C.A.S.X. terá xornada de descanso.

ONCE INICIAL: José Luis, Tomás, Iago, Dani (Miguel Combo 60´), Mario Novo (c), Anxo (Rafa 64´), River (Manu Costoya 27´), Naveira, Mario Varela (Piru 78´), Fran, Manu Paderne.

Goles:

1-1 Manu Paderne 21´

Tarxetas: -

XUVENÍS: Atl. Sobrado 1 (Martín Sánchez) - U.D. Paiosaco 5

Derrota do equipo Xuvenil que cuallou uns bos primeiros 25 minutos pero acabou por dar o brazo a torcer ante o U.D. Paiosaco. Martín Sánchez adiantaría con un espectacular lanzamento ó C.A.S.X. logo de unha gran xogada de Iván Santos pero finalmente o Paiosaco acabaría por golear á Minimáquina Amarilla. Se ben é certo que o equipo Xuvenil volveu a xogar mermado físicamente e non está a ter moita sorte de cara a portería a pesar de xerar moitas e claras ocasións de gol. É cuestión de insistir e a sorte cambiará.

Ánimo rapaces!!!

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS
#1997



Ningún comentario: