luns, 2 de febreiro de 2015

Xornada 21: o Tambre gaña o derbi (A Crónica)



Unha mala segunda parte pásalle factura ó C.A.S.X. O Atlético Sobrado perdoou nos primeiros 45 minutos e acabouno pagando. Marcos "Suizo" detivo un penalti con 0-0 a Mario Varela. O estado do céspede do Municipal desluceu o derbi. Gran arbitraxe do señor Recarei Añón.

O Tambre levouse con xustiza un derbi no que o C.A.S.X. non soubo aproveitar as oportunidades que tivo.

Arrancou mellor o conxunto marelo. No primeiro minuto Naveira logo de unha excelente contra tivo unha gran oportunidade de abrir o marcador. A súa vaselina pasou rozando o pao da portería do Tambre.

No minuto 8 chegou outra gran oportunidade do C.A.S.X. en forma de penalti cometido por Sergio. Mario Varela lanzou pero Marcos "Suizo" acertou o lado e despexou o esférico.

De novo Mario Varela no minuto 14 tivo outra gran oportunidade nun disparo a altura do punto de penalti pero de novo Marcos "Suizo" nunha gran intervención abortou a ocasión marela.

Co paso dos minutos o Tambre foise encontrando sobre o terreo de xogo e reducindo as opcións do Sobrado.

O primeiro gol chegaría a balón parado no minuto 41. Falta que sofre Iván Freire e él mesmo executa o lanzamento que acaba en gol.

Co 0-1 chegaríase ó descanso.

Na segunda metade o Atlético Sobrado naufragou na auténtica lameira que está convertida o Municipal e non puido desplegar o fútbol que lle gusta.

Ampliaría distancias Pablo no minuto 61 logo de aproveitar unha serie de rexeites dentro da área marela.

Sergio de cabeza no 66 á saida de un córner faría o 0-3.

Iván Cabado de penalti no minuto 74 por unhas mans de Miguel Combo dentro da área pecharía a conta.

Destacar a gran arbitraxe do señor Vítor Recarei Añón, sen lugar a dúbidas para min o mellor colexiado que nos dirixiu este ano. Con árbitros así da gusto, de verdade. Ogallá nos arbitre máis veces.

Darlle a noraboa ó Tambre pola victoria e animalos a que sigan nesta liña pois están a facer unha gran campaña.

Once Inicial: Anxo, Miguel Combo, Tomás (River 67´), Iago, Mario Novo, Esteban (c), Ivo (Marcos Combo 85´), Naveira, Fran (Piru 76´), Mario Varela (Manu Costoya 85´), Isak (Luis Mato 63´)

Goles: -

Tarxetas:

Marelas: Esteban 59´, Miguel Combo 72´

Vermellas: -

XUVENÍS: Atl. Sobrado 3 - Laracha C.F. "B" 2

Gran partido con remontada incluida do equipo Xuvenil contra un rival directo como é o Laracha B. A minimáquina amarilla foise ó descanso perdendo 0-2 pero lonxe de virse abaixo foi medrando co paso dos minutos para conseguir remontar.

Adiantaríase o Laracha B no minuto 16 con un penalti que non foi. Simón Esmorís abriría a conta.

No minuto 25 Igor ampliaba vantaxe para o conxunto de Laracha.

Na segunda metade o killer Iván Santos reduciría diferencias no minuto 47.

Antón Pérez no 58´ logo de unha serie de rexeites faría o empate a 2.

De novo Iván Santos nunha veloz contra faría o 3-2 que sería definitivo.

Esta victoria sérvelle o equipo marelo para abandonar o faroliño vermello e subir 2 postos na táboa clasificatoria adiantando a Obrero B e Laracha B.

Para a vindeira semana o equipo descansa.

Once Inicial: Alex, Diego Santos, Simón, Martín Novo, José Luis, Martín Sánchez (c), Antón, Julio (Miguel Abad 75´), Raúl (Bruno 53´), Antón Pérez (Josito 86´), Iván Santos.

Goles:

1-2 Iván Santos 47´
2-2 Antón Pérez 58´
3-2 Iván Santos 70´

Tarxetas:

Marelas: Martín Sánchez 87´

Vermellas: - 


#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS
#1997

Ningún comentario: