martes, 13 de outubro de 2015

SEGUNDO TEMPO PARA OLVIDAR


Derrota do C.A.S.X. na terceira xornada, ante o Abellá B por 7-3. Resultado moi engañoso xa que o final dos primeiros 45 minutos a Maquina Amarilla impoñiase por 0-1 gracias a un gol de Miguel Folgoso que remataba un corner botado por Chino, despois dunha moi boa primeira parte, na que non deron opción o seu rival, e na que se puido ir con un resultado mais amplio se o colexiado  Ivan Miño vira un claro penalty por man do seu central. A segunda metade, igual que acontecera na xornada anterior, comezou cunha avalancha do Abellá B, a que o equipo non foi capaz de facer fronte, e froito de varios erros consecutivos, propiciaron que o Abellá B se puxera por diante no marcador. Tres goles en oito minutos foron unha losa para os pupilos da dupla Manu/Osky que a pesar de todo, conseguiron sobrepoñerse volvendo a colocar as taboas no marcador, 3-3 gracias os goles de Miguel Folgoso e de Rubén Gómez. Novamente unha xeira de imprecisións fixeron que o Abella B se adiantase no marcador, e xa cerrasen de forma plácida o encontro.
Duas partes moi diferentes, das que a Máquina Amarilla ten que sacar conclusións, quedarse coas boas sensacións da primeira metade e correxir erros da segunda.
Estamos convencidos de que para a próxima xornada, volverán a facernos disfrutar do seu fútbol ante o seu público no Municipal de Sobrado.

Once inicial: José Luis, Isma (Marcos Coedo 66´), Piñeiro, Pirulo, Tocho, Rubén García (Rafa 51´), Wage (Diego 79´), Mato (Alberto 73´), Folgoso, Chino, Rubén Gómez.

Goles: 0-1 (Folgoso 19´)
           3-2 (Folgoso 60´)
           3-3 (Rubén Gómez 64´)

T.A: Wage (15´), Piñeiro (80´), Chino (81´)

#SOMOSAMARILLOS
#FORZACASX
#XUNTOSPODESE

Ningún comentario: