mércores, 19 de decembro de 2007

Horarios XA CONFIRMADOS dos partidos da seguinte xornada

O sábado 22 teremos en Sobrado os amantes do deporte un maratón de encontros onde poder disfrutar do fútbol e do fútbol sá grazas a que Lubre C.F. en categoría xuvenil e A.C.D. Poulo en categoría senior aceptaron adiantar os encontros ante a petición do C.A.S.X. debido a cea de Nadal que se celebrará esa mesma noite.Non haberá descanso de un partido a outro, comezarán os xuvenís as 15:00 horas e rematará o equipo feminino o redor das 20:00 horas, polo tanto a quen lle guste o deporte nesta zona se o sábado se achega a Sobrado seguro que non se vai aburrir. Dicir que as categorías inferiores non teñen xornada nesta fin de semana. Polo tanto estes son os horarios:

FÚTBOL: 2ª AUTONÓMICA XUVENIL GRUPO II

C.A.S.X. - Lubre F.C. 22/12/2007, 15:00h Campo Municipal de Sobrado

FÚTBOL: 3ª AUTONÓMICA SENIOR GRUPO IV

C.A.S.X. - A.C.D. Poulo 22/12/2007, 17:00h Campo Municipal de Sobrado

FÚTBOL SÁ: PROVINCIAL FEMININA

C.A.S.X. - Mesón Río Ulla "B" 22/12/2007, 19:00h Pavillón Municipal de Sobrado


ESTA É A ULTIMA XORNADA ANTES DO PARÓN DE NADAL, SORTE A TODAS AS CATEGORÍAS E DESEXAR QUE O 2008 TRAIA GRANDES EXITOS DEPORTIVOS.

FORZA C.A.S.X.

2 comentarios:

Angel do Toques dixo...

O Toques CF, e o concello de Toques en xeral tamén vos desexa unhas felices festas e un bo ano e que vos siga tocando a loteria.
Por certo, non quero saber como acabariades o sábado, eu retirei cedo porque ainda me duraba a do dia anterior.
Felices festas e un bo ano.

Oscar dixo...

Os siareiros da SD PONTE CARREIRA, desexámosvos un FELIZ ANO 2008 a toda a entidade do Atlético Sobrado, tanto no persoal, laboral, deportivo...FELICIDADES!!!!!