martes, 18 de decembro de 2007

Xornada case completa de victorias

En termos xerais hai que destacar a gran xornada que tivo o noso clube esta fin de semana: 5 victorias e 1 derrota. As victorias corresponderons os equipos Benxamín, Alevín e Infantil de Fútbol Sala, o equipo Xuvenil de Fútbol e o equipo feminino de Fútbol Sala. A derrota correspondeulle o equipo senior de fútbol.

Estes foron os resultados das categorías inferiores de fútbol sala:

BENXAMÍN: C.A.S.X. 8 - Concello de Aranga 5

ALEVÍN: C.A.S.X. 8 - Concello de Aranga 0

INFANTIL: C.A.S.X. 3 - Concello de Aranga 0

Fútbol 2ª Autonómica Xuvenil Grupo II:

C.A.S.X. 4 - U.D. Larín 2

Nova victoria e nova goleada do equipo xuvenil de fútbol que está firmando un gran primeiro tercio de competición. O equipo parece que lle colleu o pulso a competición en poucas xornadas e por terceira semana consecutiva acada unha goleada.
O sábado o Club Atlético Sobrado foi moi superior sobor de todo na primeira metade que puido rematar con un resultado de auténtico escándalo.
Adiantouse o Larín 0-1 nun centro-chut (máis ben centro que chut) que se envelenou e foi acabar na rede da portería defendida por Andrés e que foi o único lanzamento a portería dos locais na primeira metade.
Máis tarde chegaría a lesión de Fran que se mancou intentando chutar a portería e sufriu un pinchazo na cadera. Hoxe determinaraselle na Mutua de Futbolistas que tipo de lesión padece.
No minuto 18 ía empatar Pablo de maxistral lanzamento de falta. Logo o C.A.S.X. tivo varias ocasións claras de gol, a máis claro nunha excelente xogada persoal de Mario "Palermo" que saiu rozando o pao. No minuto 44 ía acadar o 2-1 Mario "Palermo" nun man a man co porteiro que o dianteiro centro marelo non perdoou.
Co resultado de 2-1 chegouse o descanso.
Na metade da segunda metade logo de varias oportunidades locais chegaría o 3-1 obra de Diego Amil de un excelente zurdazo dentro da área.
O Larín marcaría o 3-2 con un golazo de medio campo poñendo a zozobra no Municipal sobradés a 10 minutos do final. Logo o Larín tivo 2 claras oportunidades de marcar o empate pero sería Pablo nunha xogada persoal levándose dende a banda a todo rival que lle saía o paso o que marcaría o 4-2 poñendo a tranquilidade no marcador no minuto 91. Para a seguinte semana o C.A.S.X. voltara a xogar na casa fronte o Lubre C.F. (horario sen confirmar).

Fútbol Sala Provincial Feminino:

Amarelle Sal Lence "B" 1 - C.A.S.X. 4

O equipo que adestra Hassan está lanzado este ano e estase a amosar coma un dos equipos punteiros da liga. Esta situado a 6 puntos das líderes, é dicir, do ascenso. A calidade humana que desprende este plantel amosase día a día e as cousas ben feitas a largo plazo acaban dando resultado. Tiña un difícil desplazamento a Santa Comba o equipo laranxa pero fronte o filial do Sal Lence pero solventouno sen problemas con un claro 1-4.
Abriría o marcador Tamara Sandá que tamén sería autora do 0-2 polo que acada un doblete por segunda semana consecutiva.Con ese resultado chegouse o descanso. O 0-3 sería obra de Sandra un gol que deixaba case sentenciado o partido. Reduciría distancias o equipo coruñés afincado en Santa Comba pero María voltaría a dar tranquilidade no marcador acudindo a súa cita semanal co gol e pechando a conta co 1-4 final, sen lugar a dúbidas un excelente resultado das xogadoras do Atlético Sobrado.
A xornada seguinte o equipo feminino xogará na Pavillón Municipal de Sobrado o sábado 22 de decembro (día da Lotería) a partires das 19:00 horas fronte o Mesón Río Ulla "B".

Fútbol Senior 3ª Autonómica Grupo IV

Oza dos Ríos C.F. 4 - C.A.S.X. 1

Quen vexa o resultado pensará o a "Makina Amarilla2 sufriu unha gran paliza contra un dos equipos que está na zona da baixa da taboa coma nos pero a realidade é a seguinte: o C.A.S.X. tirou 5 veces o pao e fallou un penalti. Está claro que cando o balón non quere entrar e a sorte che da a espalda non hai nada que facer. Fai un par de anos tiñamos a sorte de cara e xogando moito peor que o domingo gañabamos partido marcando ata co "cú" (falando mal e pronto).
Adiantouse no marcador o C.A.S.X. con un excelente lanzamento de falta de Chinorris que puxo o 0-1 no partido xogado no Campo Municipal de Curtis. Logo empataría o Oza e 2 minutos máis tarde faría o 2-1. Cando xa picaba o descanso o Oza faría o 3-1.
Na segunda metade un rosario de mala sorte: penalti o pao de Chinorris, tiros o pao de Esteban, de Josito, de Chinorris..., e o Oza marcaría o 4º da tarde que pechaba a goleada. De todos os xeitos dicirlle o equipo que non se desanime pois se xoga como o fixeron o outro día os resultados chegarán e a pesares dos inconvintes que estamos a ter este ano (lesión tras lesión) a sorte cambiará e aparecerán os triunfos. Aínda queda moita tempada para poder endereitala, ánimo.
O seguinte partido será fronte o A.C.D. Poulo (horario e data sen confirmar)

SORTE A TODAS AS CATEGORÍAS PARA OS VINDEIROS ENCONTROS

FORZA C.A.S.X.

Ningún comentario: