mércores, 14 de novembro de 2012

Xornada 10: CF Encrobas - Atl. Sobrado (a previa)

Aínda co doce sabor de boca que deixou o derbi de Sobrado con victoria sobre a bocina e liderato da Máquina Amarilla o C.A.S.X. xa ten en mente o próximo rival que non é outro que un clásico da Terceira Autonómica como é o C.F. Encrobas.
Non se prevee un partido doado para os homes de Hassan o vindeiro domingo pois o rival mellorou considerablemente as prestacións do seu plantel esta tempada traendo a homes, como deciamos o luns de categorías superiores como Rubio (ex Queixas) ou Vicente e Canedo (ex San Martiño), se ademáis lle engadimos nomes como Simón ou Aradas o resultado é que estamos falando nun equipo con un grandísimo potencial o que as baixas non lle deixaron dar o mellor de si mesmo pero en calqueira momento pode explotar. Aínda así tan so está a 5 puntos de entrar nos postos que dan acceso a xogar a promoción de ascenso.
Como referencia da capacidade do conxunto cercedés non hai máis que votar a vista atrás o pasado domingo onde foron quen de gañar na casa do Abellá B (o único conxunto que nos conseguiu derrotar no que vai de tempada). Ademáis puntuaron con grandes equipos como Carral B ou Toques e perderon so pola mínima co Cire Melide.
O caudal ofensivo de este equipo está fora de toda dúbida pois con 21 goles a favor é xunto co Carral B o equipo que máis goles realiza. O seu talón de aquiles parece estar atrás, con 15 goles encaixados, pero esto non é significativo pois enfrontouse xa a moitos rivais da parte alta da táboa.
Estou convencido que o conxunto de Meirama sairá a morder na procura da victoria pois aínda non conseguiu gañar no seu campo polo que ben seguro que estarán ansiosos por adicarlle unha victoria a súa afección.
O Atlético Sobrado preséntase neste encontro co recén estreado liderato da competición compartido co Vizoño B a 20 puntos solo que con mellor diferencia de goles que o conxunto de Abegondo.
A diferencia do Encrobas, a nosa fortaleza está na parte defensiva con tan so 5 goles encaixados o que o converte no equipo que menos goles encaixa da Liga xunto co Cire Melide. Na banda realizadora son 18 os tantos que o C.A.S.X. leva no seu haber ata o de agora.
O conxunto marelo buscará prolongar a súa boa xeira de resultados (5 victorias consecutivas) e seguir así na pomada da competición estando entre os conxuntos máis fortes desta 3ª Autonómica Grupo III. Para este encontro son baixas seguras o 1º e 2º capitán: Esteban e Pirulo.
O partido disputarase no campo de "As Tinaxas" en Meirama (Cerceda) o vindeiro domingo 18 de novembre as 16.15 horas. O partido será dirixido polo señor Emilio Muñiz Seijas.

3 comentarios:

Chino dixo...

Bueno eso do 2º capitan nn estou dacordo

Lato dixo...

Jajajajajaja, pois non me fagas moito caso pero creo que así é!!!

Anónimo dixo...

Oye, ¿no tienes ahí una tijera para cortar lo que tiene detrás Pablo Naveira? Pabliño que es todo corazón, sano, limpio, majo, educado, no pega nada con ése.