xoves, 20 de decembro de 2012

Felicidades DAVID

Nesta semana o Club Atlético Sobrado Xuventude está de celebración en celebración. Antonte estivo de cumpleanos Anxo, onte Mario Novo e hoxe tócalle o turno a David ademáis do noso compañeiro de Directiva Pablo Pazos "Pazitos". Desde aquí queremos felicitar a ámbolos dous.

David volveu este ano á disciplina da Máquina Amarilla logo de unha tempada sabática. Volveu con aires renovados e nunca mellor dito, pois anteriormente xa vestira 3 tempadas co escudo do león pero fixerao como dianteiro. Desta volta regresa pero nunha posición totalmente antónima: de porteiro.

Foi condición "sine qua non" imposta por David para retornar os terreos de xogo a de xogar na posición de porteiro. Desde o primeiro momento fíxonos saber os seus gustos por probar debaixo dos tres paos e o corpo técnico do Atlético Sobrado gustósamente aceptou a súa proposta. A primeira tempada de David está sendo unha agradable sorpresa para todos, fíxose coa titularidade do conxunto de Hassan chegando a deixar a súa portería a 0 en 6 partidos no que vai de tempada. Mellora baixo os paos día a día e a súa progresión vai en aumento.

CURRICULUM:

David Rodríguez Costoya naceu en Sandá - Cidadela (Sobrado) un 20 de decembro de 1987.

Comezou as súas andainas futbolísticas nas categorías inferiores do CCD Curtis para posteriormente pasar a  xogar en Liga de Peñas co Xuventude da Castellana.

Na tempada 2008/2009 ficha polo Atlético Sobrado facéndose coa posición de dianteiro centro. Na tempada 2009/2010 consegue o Trofeo "Bota de Ouro" Club Atlético Sobrado Xuventude ó quedar máximo goleador do equipo con 15 goles gañándolle unha aposta persoal a "Petete" (o home para todo do C.A.S.X.).

CARACTERÍSTICAS:

Seguro nos balóns aéreos, unha capacidade de reacción felina, implacable nos lanzamentos de longa distancia, xamáis rexeita un esférico nin permite unha segunda xogada. Bo xogo co pe e saque longo son as características que mellor definen a David. O seu gran traballo nos adestramentos e a súa fame por facelo cada día mellor fan que o espigado cancerbeiro progrese día si e día tamén. Sen lugar a dúbida a revelación da tempada no C.A.S.X. pola singularidade de reconvertirse de dianteiro a porteiro e facelo espectacularmente ben.
Unha das almas do vestiario, os seus comentarios sarcásticos e irónicos sempre fan esbozar o sorriso do resto de compañeiros e corpo técnico. É capaz nun partido de tensión de soltar unha frase para romper o xeo que deixa anodados a compañeiros e rivais. Un xogador dos que fai piña. Un crack!!!

ALGUNHAS FOTIÑAS NAS SÚAS DÚAS ETAPAS COMO XOGADOR MARELO:




Foto da tempada 2008/2009 no Campo de Vilasantar (David é o terceiro pola dereita da fila inferior)

Partido do debut de David en Competición Oficial co Atlético Sobrado (é o cuarto empezando pola esquerda na fila de arriba)

Foto da tempada actual, ocupando xa a posición de porteiro (primeiro á esquerda na fila superior) fronte ó AD Vilamaior.

Outra foto da tempada actual, nesta ocasión no partido fronte ó Cire Melide (David está situado ó lado do adestrador "Hassan")

DESEXARLLE TANTO A DAVID COMA A PAZITOS DE NOVO UN FELIZ CUMPLE E QUE O DISFRUTEDES MOITO!!!

Ningún comentario: