xoves, 20 de decembro de 2012

Xornada 15: AD Vilamaior - C.A.S.X. (a previa)

Última xornada desde ano 2012 na que os pupilos de Hassan se desplazarán ata Vilamaior (Ordes) para enfrontarse ó colista da competición.

A priori e vistos os números de un e outro equipo (primeiro contra último) podería parecer un partido asequible, pero iso é totalmente irreal.

O campo de Vilamaior é un feudo incómodo para os equipos que o visitan onde o equipo local, faise moito máis forte que nos seus desplazamentos a domicilio.

O AD Vilamaior ten 8 puntos nestes momentos, presenta uns números de 2 partidos gañandos, 2 empatados e 10 perdidos. Sumando 15 goles a favor (é o segundo equipo menos goleador) e 46 goles en contra (equipo máis goleado da categoría).
No campo de O Carballo suma 1 partido gañado (3-1 fronte á SD Pontecarreira), 2 empatadas (2-2 co Tambre e 0-0 con Mesón do Bento) e 4 perdidos (0-4 fronte o Cire Melide, 0-5 co Encrobas, 2-7 co Carral B e 3-9 contra o Toques).

O equipo de Hassan deberá ter especial coidado con Palmeiro (autor de 6 goles) e de Tacón (4 goles) no aspecto ofensivo se quere levar a bo porto o encontro.

Pola súa parte o Atlético Sobrado chega nunha boa xeira de resultados logo de gañar os 4 últimos partidos de xeito consecutivo (4-0 ó Carral B, 0-4 á Pontecarreira, 3-1 a Toques e 2-3 fronte ó Abellá B). Logo dos 3 puntos sumados o domingo ampliou a súa vantaxe de líder con respecto os seus perseguidores máis próximos Cire Melide e Vizoño B en 6 puntos e ademáis ubicouse na 1ª posición de equipo máis realizador da categoría con 34 tantos. Pola contra agora é o 2º equipo menos goleado con 10 tantos.

Causarán baixa David que foi expulsado o pasado domingo, Chino logo de facer o 5º cartón marelo así que deberá cumplir ciclo e probablemente o capitán Esteban aqueixado desde hai un par de semanas de molestias musculares.

3 baixa sensibles para o equipo de Hassan pois todos son habituais no 11 inicial do técnico sobradés. Así pois haberá variacións no 11 inicial con respecto o anterior partido. No partido do vindeiro domingo, o equipo de Hassan terá que amosar o fondo de armario do que dispón e intentar rematar o ano do mellor xeito posible antes das 3 semanas de parón polas vacacións de Nadal.

O partido será o domingo 23 de decembro as 16.00 horas e estará dirixido polo sr. Miguel Antonio González Rey. Un colexiado que xa dirixiu 2 partidos do C.A.S.X este ano. O do derbi fronte ó Tambre CF e fronte o CF Toques.

Ningún comentario: