mércores, 13 de febreiro de 2013

Felicidades Javi!!!


Hoxe cumple 24 anos Javi Sánchez un dos xogadores que leva a súa vida deportiva ligada ó Atlético Sobrado Xuventude.
Javi é un dos xogadores que iniciaron a súa andaina no C.A.S.X. co comezo das Escolas Deportivas do Clube aló pola tempada 2003/2004 e desde aquela viste a camiseta do escudo do león sempre con moito respeto e compromiso.

CURRICULUM:  J. Javier Sánchez Villamor naceu un 13 de Febreiro de 1989 en As Cruces (Sobrado).
Na tempada 2003/2004 pasa a formar parte do Club Atlético Sobrado Xuventude nas súas categorías inferiores. Na tempada 2007/2008 coa creación do equipo de fútbol xuvenil pasa do fútbol sala ó fútbol convertendose en capitán da escadra marela.
O adestrador de Friol Lito fixoo debutar co 1º equipo marelo xa nesa mesma tempada buscando así a súa rodaxe para o fútbol afecionado.
Esta é a 5ª tempada que cumple Javi no equipo senior do C.A.S.X.

CARACTERÍSTICAS: Javi Sánchez é dos xogadores do equipo que destacan pola súa gran polivalencia. Comezou no equipo xuvenil ubicándose coma medio centro defensivo e tendo vital importancia nas xogadas de estratexia, tanto na execución coma no remate. O longo dos anos Javi rotou varias veces de posición sobre o terreo de xogo: lateral esquerdo, central, ou interior por calqueira das dúas bandas.
Xogador zurdo moi ben dotado técnicamente, é un dos xogadores con máis calidade do equipo con un bo desprazamento de balón e boa visión de xogo. O lanzamento a portería é outro dos seus puntos fortes, nos adestramentos amosao día sí e día tamén.
A súa gran envergadura permitelle ter moita presenza nos balóns aéreos algo que fai que sexa un bo recuperador de balóns.
O compromiso de Javi co equipo está máis que demostrado ó longo de tantos anos acatando todas e cada unha das decisións dos diferentes adestradores que pasaron polo banquiño marelo.
Un home de equipo, nada problemático. Un deses xogadores que a todo o mundo lle gusta ter nos seus equipos porque sempre suma, xamáis resta.

ALGUNHAS FOTIÑOS DE MARELO:

Ahí temos a Javi Sánchez co brazalete de capitán do equipo xuvenil na tempada 2007/2008

Formación de esta tempada no partido Cire Melide - CASX, Javi está de pe (o segundo pola esquerda)

Outra foto portando o brazalete de capitán do equipo xuvenil

Foto da fundación das Escolas Deportiva do C.A.S.X. na tempada 03/04. Javi Sánchez é o primeiro comezando pola esquerda da fila do medio.

QUE TEÑAS UN FELIZ DÍA E DISFRUTES ESTES 24 ANIÑOS. UN FORTE ABRAZO CRACK!!!

Ningún comentario: