mércores, 13 de febreiro de 2013

Xornada 21: C.A.S.X. - Cire Melide (A Previa)


Partido maiúsculo o que se presenta o vindeiro sábado no Municipal de Sobrado. O Cire Melide rinde visita ó Atlético Sobrado nun encontro que comezará as 17.00 horas.

Para os homes de Hassan é unha verdadeira final pois de gañar este encontro deixaría con mínimas opcións matemáticas  ó cadro azul de darlle caza na xeral eliminando,case que de xeito definitivo a un rival directo na súa loita polo título.

O Cire Melide chega a Sobrado ubicado na 3ª posición logo de perder un posto a pasada xornada en favor do Sp. Bribes logo da derrota na súa casa fronte ó Abellá B.

A batalla preséntase complicada pois os numeros da escadra de Melide a domicilio deixan ben as claras o potencial do equipo que adestra Popas: 6 Victorias (0-4 contra Vilamaior, 2-3 en Encrobas, 0-3 na Pontecarreira, 0-1 en Poulo, 0-3 en Mesón do Bento e 0-1 contra Tambre), 2 Empates (0-0 en Abellá e 1-1 en Carral) e so 2 Derrotas (1-0 en Vizoño e 1-0 no seu último desprazamento a Toques). Sumando un total de 16 goles a favor por tan so 5 goles en contra.

O Cire Melide é o equipo que menos goles encaixa, xunto co C.A.S.X., 13 goles en 20 partidos disputados, unha media de 0,65 por encontro, polo tanto a priori, e vendo os numeros de ambos equipos non parece que se vaian ver moitos goles no choque do sábado.

Os de Melide chegarán coa baixa segura de Jorge por sanción. O equipo azul ten os goles moi repartidos e non hai so un goleador que destaque por riba do resto: Mulero (6), Garea (6), Jorge (5) e Fernando (5) son os máximos artilleiros do equipo da capital do Melindre.

No partido de ida o conxunto de Hassan fixera un partido moi serio con unha disposición táctica soberbia sobre o terreo de xogo e conseguira os 3 puntos con un solitario gol de Mario Varela desde fora da área logo do rexeite do cancerbeiro local.

Os nosos xogadores deberán estar moi atentos ás xogadas de estratexia pois é un dos puntos fortes do Melide, así pois deberán evitar as faltas innecesarias que poidan complicar o devir do partido.

Hassan conta cos 20 xogadores  do plantel a disposición e será o venres logo do adestramento cando de a lista de 16 convocados para este partido que será unha auténtica final.

Ningún comentario: