martes, 10 de setembro de 2013

Xornada 1: O estreo soñado (A Crónica)

O Atlético Sobrado debuta con victoria na 2ª Autonómica. Un solitario gol de penalti sobre o pitido final materializado por Chino da os 3 puntos os homes de Hassan. O equipo marelo é 8º na clasificación.

Non puido comezar de mellor xeito a súa andaina na 2ª Autonómica o equipo que dirixe Hassan. Un solitario gol de penalti transformado por Chino no minuto 88 fixo que a victoria caera do lado marelo nun partido de guante branco e onde os dous porteiros foron claves.

O C.A.S.X. afrontaba con moito respeto a primeira cita do novo curso futbolístico 2013/2014 tanto polo cambio de categoría coma pola identidade do rival, un San Martiño experimentado e con futbolistas de altas prestacións.

Hassan dispuxo un 11 con David, Iago Corral, Piru, Mario Novo, Esteban (c), Mario Varela, Chino, Jaco, Fran, Dami e Naveira.
Para cambios quedaron Alberto Márquez, Rive e Anxo. Caéronse da convocatoria a última hora Luis Mato e Isak por motivos persoais.

A primeira parte foi de mutuo respeto por ambos bandos, con un San Martiño que intentaba levar o peso do encontro e un Atlético Sobrado que lanzaba veloces contras. Non houbo claras ocasións de gol nos primeiros 45. A mellor para o cadro de Hassan foi un remate de Naveira á saida de un córner.

Na segunda metade os porteiros adquirirían maior protagonismo con unha parada salvadora de David nun forte remate do dianteiro do San Martiño Damián. Polo bando visitante o seu porteiro fixo a parada do encontro nun man a man con Fran que o cancerbeiro despexou de xeito espectacular co pe enviando o esférico a córner.

Cando parecía que o marcador non se movería chegou a xogada clave do encontro. Un incisivo Iago Corral logo de correr toda a banda dereita adéntrase na área co esférico e un defensor visitante faille falta. Brun Pintor, colexiado do encontro non dubida e pita a pena máxima. O lanzamento foi executado por Chino de xeito colosal. Forte e arriba: GOL.

Quedaba aguantar as derradeiras afrontas do San Martiño que puido empatar en duas boas oportunidades que mandou ó limbo. Logo de 4 minutos de desconto Brun Pintor decretou o final do encontro sumando así o Atlético Sobrado os 3 primeiros puntos na súa nova categoría.

Destacar o inconmensurable traballo da parcela defensiva con un Esteban colosal na súa loita co incisivo dianteiro visitante Damián, un Mario Novo convertido nun auténtico Kaiser, un Iago Corral que asemellaba un maratoniano Keniata (quilómetros e quilómetros de esforzo) e un Piru que intentou darlle sentido ó xogo por banda esquerda. 

Para a semana o equipo marelo visitará ó campo de "O Carrizo" en O Portazgo, nas cercanías da Coruña para enfrontarse ó Portazgo S.D. O partido será o domingo 15 (domingo de Dolores) a partires das 18 horas.

Desde a Directiva do Atlético Sobrado queremos agradecer ó Portazgo S.D. a súa amabilidade de aceptar a nosa petición de poder retrasar unha hora o inicio do encontro debido a que os días 13, 14 e 15 de setembro se celebran as festas Grandes de Sobrado na Honra a Virxe dos Dolores.

Noraboa o equipo por tan bo inicio

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS

Ningún comentario: