martes, 1 de outubro de 2013

O reloxo do colexiado priva ó Atlético Sobrado da victoria

Unha mala aplicación do desconto por parte do colexiado impide ó Atlético Sobrado lograr os 3 puntos en Mesía. Chino, Luis e Isak os goleadores do equipo de Hassan. Enfado máis que xustificado do cadro marelo co criterio do colexiado.

Un desconto excesivamente esaxerado de 8 minutos na segunda metade costoulle ó Atlético Sobrado a perda de 2 puntos na derradeira xogada do encontro. O enfado co colexiado Fraga Viñuelas segue patente no seo do clube pois ninguén logra entender o porqué dese desconto tan prolongado cando na segunda parte houbo 5 cambios (2,30 minutos) segundo a normativa e a entrada o campo unha soa vez da atención a un xogador, Mario Novo que sufriu unha aparatosa patada na cara que nin tan sequera o colexiado viu como falta. Ademáis Mario Novo non foi atendido no campo senón que saiu rapidamente entrando Miguel Combo no seu lugar e a hemorraxia no seu párpado esquerdo foi cortada xa no vestiario. O tema é que o colexiado parou o reloxo cando Mario foi golpeado e logo volveu a descontar ese tempo. Cando decretou o final corría o minuto 53 a reloxo corrido, curiosamente pitou o final logo de sacar de centro o Atlético Sobrado tras empatar o Mesía nunha xogada de córner na que Iago Corral tivo a mala fortuna de introducir en propia porta.

Hassan aliñou de inicio a David, Iago Corral, Alejandro Márquez, Mario Novo, Esteban, Mario Varela, Chino, Fran, Dami, Isak e Luis Mato. Para cambios quedaron Miguel Combo, Jaco, Naveira e Anxo.

O Mesía presenta este ano un xogador coñecido  no fútbol galego como é Diego Franqueira, que o ano pasado defendía as cores da S.D. Compostela na 3ª Galega coa que conseguiu ó ascenso á 2ª División B do fútbol nacional.

O partido comezou con un toma e daca na que o Mesía intentaba empurrar un pouco máis que o C.A.S.X. na procura da meta defendida por David. No minuto 23 íase adiantar o conxunto local por mediación de Kaky o aproveitar un despiste da zaga local.

Sería CHINO quen con unha boa xogada persoal establecería o empate 7 minutos despois. Co empate a 1 goles chegaríase o déscanso do encontro.

O pouco de reanudarse a segunda metade, no minuto 48, LUIS MATO de un excelente zurdazo faría o 1-2 que daba a victoria momentánea ó conxunto de Sobrado.

Chegaría de novo o empate nunha boa xogada persoal e posterior tiro de Franqueira que David repele coa mala fortuna de que o rexeite caelle a Nico que entrara na primeira metade polo lesionado Kaky (desexámoslle unha pronta recuperación) nos pes marcando a pracer o 2-2 no minuto 67.

A xogada polémica do encontro chegou no minuto 71 cando logo de un lanzamento de falta executado por Chino o balón lle pega un rival dos que formaban a barreira dentro da área co brazo claramente extendido. Penalti clarísimo que todo o mundo viu menos o colexiado.

No minuto 77 adiantábase de novo a "Maquina Amarilla" con un golazo de ISAK logo de facer un acrobático control orientado e executar á perfección un forte lanzamento raso a uns 3 metros fora da área.

E no minuto 98 de encontro chegaría o final infeliz que comentabamos máis arriba co gol en propia porta de Iago Corral no intento de despexe a saida do córner. Foi sacar de centro e pitar o final. Igualiño que aqueles partidos das festas que se xogaban outrora no que o partido non acababa ata que o que xogaba coma local empataba ou gañaba o encontro.

Agardemos que non nos teñamos que lamentar ó final da tempada de estes 2 puntos que nos foron arrebatados de xeito inxusto. Pedimos os colexiados que non nos den pero que tampouco nos quiten. Estamos en 2ª Autonómica e ademáis dos ascensos tamén hai descensos polo que solicitamos firmemente que así como a nos se nos pide personalidade, xogo limpo e saber estar dentro e fora dos terreos de xogo tamén os colexiados poñan os 5 sentidos nas súas decisións na aplicación do regulamento.

Desexarlle unha rápida recuperación ó noso "Kaiser" Mario Novo, ferido con 8 puntos de sutura no seu párpado esquerdo. Queremos verte axiña dentro dos terreos de xogo!!!

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS





Ningún comentario: