luns, 16 de decembro de 2013

Xornada 15: Victoria para a esperanza (A Crónica)


ATL. SOBRADO 3 (David, Chino, Mario Varela) - J. ALMEIRAS 1 (Diego Carrillo)

O enfermo segue en estado grave, pero pode que en poucas xornada saia da U.C.I. se amosa as constantes vitais que amosou o sábado.

Un Atlético Sobrado moi necesitado de puntos e de victorias para crer en sí mesmo amosou que é moito máis equipo do que a táboa indica e venceu con claridade a un Juvenil de Almeiras que chegaba a Sobrado na 9ª posición da táboa e con 20 puntos no seu casilleiro.

Bo partido dos homes de Hassan que sairon desde o inicio a por todas, Alberto nun gran remate con perna dereita  topouse co pao o pouco de comezar o encontro. Posteriormente tería a oportunidade do gol Isak pero cando ía rematar man a man co porteiro Chino nunha falta de entendemento cruzouse no seu camiño e evitou o disparo. De novo o Atlético Sobrado puido marcar nunha boa xogada de Iago por banda dereita na que o seu centro non o lograría rematar nin David nin Alberto por escasos centímetros.

E sería David, o porteiro que nestas xornadas está reconvertido a dianteiro debido a un golpe nunha man o que abriría a lata, nun gol de listo a balón parado.

Co resultado de 1-0 chegaríase o descanso.

O pouco de volver do intervalo o Almeiras empataría o encontro por obra de Diego Carrillo nun excepcional dereitazo co que vateu a Luis.

O C.A.S.X. lonxe de virse abaixo medrou en empuxe co ingreso no xogo de Mario Novo, Fran e Mario Varela.

Chino no minuto 70 faría o 2-1 nunha gran xogada persoal e na que se sacou un magnífico lanzamento pegado o pao ó que o porteiro visitante nada puido facer.

Tocaba nadar e gardar a roupa para lograr os 3 puntos. Tivo un par de boas oportunidades o cadro branco e azul nas que Luis Ibáñez respondeu con sendos paradóns. Xa no minuto 89 Miguel Combo sería expulsado por doble cartón marelo ó considerar o colexiado que estaba a perder tempo no saque de banda.

Na última xogada destacada do encontro chegaría o 3-1. Lanzamento de falta desde 3/4 de campo de Chino que o porteiro non logra atrapar e Mario Varela, o máis listo da clase, está atento para chegar antes o esférico e introducilo na rede visitante por terceira vez na tarde.

Non houbo tempo para máis e co 3-1 chegouse o final do encontro. Un encontro no que o C.A.S.X. encontra unha balsámica victoria que xa viña merecendo desde xornadas atrás pero por "H" ou por "B" non daba chegado. Este partido non debe servir máis que para facer ver que estamos ahí, que con actitide podémoslle gañar a calqueira e que este equipo aínda ten moito que decir nesta Liga que aínda non chegou nin a metade da competición.

Para a semana o equipo marelo volve a xogar como local contra o Obrero no que será o último partido ligueiro deste inolvidable ano 2013, o ano que nos trouxo o ascenso de categoría. Esperemos rematar o ano con unha victoria.

ONCE INICIAL: Luis Ibáñez, Alex Márquez, Alberto, Piru, Esteban, Iago, Anxo, Chino, Miguel Combo, David, Isak.
BANQUIÑO: Mario Novo, Fran, Mario Varela

XUVENIL: Atl. Sobrado 2 (Marcos Combo, Dani) - Atl. San Pedro 5

Non puido conseguir unha nova victoria o equipo de Isma García tras afrontar o encontro contra o Atlético San Pedro moi mermado de xogadores. Tan so 12 xogadores puideron formar parte da convocatoria e 2 deles tiveron que marchar na metade do encontro. Os goles locais foron obra do pichichi Marcos Combo e de Dani Martínez.

Ningún comentario: