venres, 20 de decembro de 2013

Xornada 16: Atl. Sobrado - C.D. Obrero (A Previa)



Logo do bo sabor de boca que deixou a victoria fronte ó Juvenil de Almeiras a semana pasada os homes de Hassan intentarán sumar outros 3 puntos de novo como locais para despedir un 2013 máxico e inesquecible para o noso Clube.

Mañá a partires das 17,00 horas a "Máquina Amarilla" recibe o C.D. Obrero. Un equipo o vermello que está situado na parte media da clasificación, 11º con 19 puntos.
O equipo do Concello de Oleiros gañou 4 partidos, empatou 7 e tan so perdeu outros 4 así pois a empresa para mañá antóllase difícil. Destaca o Obrero pola súa faceta goleadora, con 31 goles a favor onde Darío con 9, Danone con 5 e Gabri e David Vázquez con 4 son os seus máximos artilleiros. O talón de aquiles do conxunto que mañá nos visita atopámolo nos goles encaixados, con 33 xusto os mesmo que leva encaixados o Atlético Sobrado.

No C.A.S.X. serán baixas seguras Alberto e Alex que cumplen ciclo de amonestacións así como Jaco que sigue convalecente por un forte cadro vírico e Rive lesionado.  

XUVENÍS:

O equipo de Isma García tamén despedirá o ano como locatario, desta volta o rival será o Pastoriza a partires das 12,00 horas tamén  no Municipal de Sobrado.

SORTE A AMBOS CONXUNTOS

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS

Ningún comentario: