luns, 23 de decembro de 2013

Xornada 16: Boas sensacións (A Crónica)



Atl. Sobrado 3 (Isak, Miguel Combo, Chino) - Obrero 3

Boas sensacións deixou o equipo de Hassan na derradeira xornada de este ano 2013. Nun tolo partido o equipo acabou empatando nas postrimerías do encontro. O único punto débil do encontro foron os regalos defensivos que o equipo concedeu o rival e en 2ª xa se sabe, regalas... estás condenado.

O pouco de iniciarse o encontro adiantaríase o Obrero nunha xogada de saque de banda, o balón é peinado por un xogador rival e outro compañeiro entrando desde segunda liña marcaría sen oposición nun claro despiste defensivo. Era o 0-1 e aínda non se chegara o minuto 2.

O 0-2 chegaría nun forte pelotazo que Mario Novo amortigua pero que lle deixa nos pes a un dianteiro rival, este efectúa unha magnífica vaselina á que Luis Ibáñez nada pode facer por evitar o 0-2.

Con este resultado chegaríase ó descanso.

Na segunda metade o Atlético Sobrado foi tremendamente superior o rival. No minuto 7 Isak ía recortar distancias con un duro e seco lanzamento desde fora da área.

O Sobrado foise enriba da portería visitante pero de novo sería o Obrero o que marcaría. Logo da salida de un córner Esteban comete man dentro da área e o colexiado sinala penalti. O lanzamento é detido por Luis Ibáñez pero a mala fortuna quixo que o rexeite lle caese de novo o xogador visitante que desta volta non fallaría poñendo o 1-3.

A Máquina Amarilla non se amilanou e volvería a reducir distancias, de esta volta foi Miguel Combo con un espectacular traiazo desde case medio do campo que se colou pola escadra visitante. Miguel xa nos ten acostumados a estes goles, tanto na súa época xuvenil como agora co equipo senior, sen ir máis lonxe, esta tempada en Copa meteulle dous o Imperator de este mesmo xeito.

Quedaba tempo para ir a por máis goles e a piques estivo de chegar no minuto 78, na mellor xogada do encontro. Fran Miraz entra por banda dereita, pon un gran centro e Isak remata de espectacular chilena, o esférico pega na parte superior do longueiro e vaise fora. 

Seguiu porfiando o conxunto marelo e no minuto 89 chegaría o empate a 3 definitivo. O pichichi do equipo Chino, logo de un par de regates dentro da área conecta un forte chut, que o porteiro toca, pero debido a violencia do lanzamento o esférico bota para finalmente aloxarse no fondo da rede.

Así con este empate in-extremis remata un ano 2013 especial, diferente, único e inolvidable. O equipo estase vindo arriba estas últimas xornadas e está claro que no momento en que se vaia recuperando a xente que aínda está de baixa os resultados seguirán chegando.

ONCE INICIAL: Luis Ibáñez, Miguel Combo, Piru, Mario Novo, Esteban, Anxo, Iago Corral, Chino (c), Luis Mato, Isak, David.

BANQUIÑO: Mario Varela, Fran, Dami.

Xuvenís: ATL. SOBRADO 2 (Iván Santos, Dani) - PASTORIZA 4

Non puido despedir o ano 2013 o equipo de Isma García sumando logo de caer 2-4 contra o Pastoriza. O descanso chegouse con empate a 2 goles no marcador pero na segunda metade 2 goles máis dos visitantes fixeron que os 3 puntos voaran para o concello de Arteixo.

Os goles locais foron obra de Iván Santos e Dani.

Ningún comentario: