luns, 3 de marzo de 2014

Xornada 25: Un "Set" para a esperanza (A Crónica)



O Atlético Sobrado golea con comodidade a un rival directo. Os xogadores de Hassan sairon enchufados e os 4 minutos xa gañaban 2-0. Primeiros 45 minutos para enmarcar. Dami, estrela do partido con un Hat Trick.

Sabedor do que se xogaba no envite o Atlético Sobrado non dou opción a un rival directo como é o C.D. Sigrás na loita pola permanencia. O equipo marelo o igual que contra o C.D. Mesía gañou un partido de 4 puntos (3 + golaverage).

Na primeira xogada do encontro o C.A.S.X. íase adiantar logo de un remate de cabeza de Luis Mato. No minuto 4 foi Dami quen establecería o 2-0 con un gol de velocidad e pillería adiantándose a defensa e porteiro rival.
O 3-0 chegaría no minuto 29 nunha vaseliña que supoñía o 2º gol na conta persoal de Dami.
No minuto 30 o Sigrás quedaríase con 10 homes por expulsión do seu xogador número 10 que fixo doble cartón marelo (1º por un rifirafe con Chino e 2º por darlle unha patada o banderín de córner e partilo en dous).
O 4-0 chegaría no minuto 42 logo de unha internada pola banda dereita de Isak, o seu pase da morte foi rematado por Fafián que en propia porta daba o 4º da tarde para o Atlético Sobrado.

O Sigrás na primeira metade tivo 3 boas opcións, 2 paradóns de David e un tiro o pao.

Na segunda metade o C.A.S.X. saiu excesivamente relaxado e costoulle entrar no partido. Aínda así o Sigrás quedaría con 9 homes de novo por expulsión por doble cartón marelo do xogador número 4.

O gol da honra para os blaugranas sería obra de Kike que estableceu o 4-1. 

O 5-1 foi obra de Mario Novo nun gran remate da cabeza logo de excelente centro de Ale, é o primeiro gol da tempada para o Kaiser, corría o minuto 82.

E para rematar esta orxía goleadora non podía ser outro que Dami, nunha gran xogada colectiva, que rematou sen deixala botar logo de un centro desde a liña de fondo de Alberto.

Victoria incontestable que serve para alentar a esperanza da salvación. Toca seguir igual. Parabéns rapaces e míster polo partidazo.

11 INICIAL: David (c), Miguel Combo, Piru, Esteban, Mario Novo, Iago Corral, Jaco, Chino, Dami, Luis Mato, Isak.

BANQUIÑO: Ale, Mario Varela, Alberto, Tomás Miraz

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS
#SISEPODE

Ningún comentario: