luns, 10 de marzo de 2014

Xornada 26: Derrotas que reforzan (A Crónica)


Sp. Cambre 1 - Atl. Sobrado 0

Calqueira que vexa o titular da xornada 26 e non houbera visto o partido de onte no Dani Mallo de Cambre pensaría que isto é unha auténtica incongruencia..., para nada!!!

O Atlético Sobrado disputou un dos mellores (senón o mellor) partidos da tempada 2013/2014 fronte a un auténtico equipazo. Un rival de categoría superior ó cal, a todos os niveis, a 2ª autonómica se lle queda moi pequena.

O equipo de Hassan viaxou moi condicionado, coa baixa de 5 habituais: Esteban, Iago Corral, Mario Novo, Fran e Mario Varela e con un equipo plagado de xogadores do equipo xuvenil que estiveron a altura do encontro e que nos demostraron unha vez máis que hai canteira e que o futuro da entidade é máis que prometedor.

Non podería destacar a un xogador dos 15 que viaxaron por que co desplegue físico que fixeron ó longo dos 90 minutos, a disposición táctica que mantiveron durante todo o encontro, as gañas de competir a pesares de verse as caras con un auténtico equipazo e o compañeirismo amosado calqueira tipo de eloxio quédaseme moi curto.

Podo atestiguar que foi unha derrota agridoce... xamáis gusta perder pero hai xeitos e xeitos de facelo: podéste deixar ir cando ves que o que tes enfrente é un auténtico titán ou podes elexir medrar ó longo do encontro e iso foi o que elexiu na tarde de onte o Atlético Sobrado. Non lle perdeu a cara en ningún momento ó partido e mantivo as opcións intactas de pescar algún punto no Dani Mallo ata que o colexiado decretou o final.

Hassan dispuxo un valente 4-3-3 sabedor de que os xogadores iban ter que dar o 200% debido as mastodónticas dimensións do campo de Cambre. Os futbolistas non aforraron esforzos e pelexaron coma auténticos colosos. Na primeira metade, dominio do esférico dos locais, a súa mellor ocasión un tiro ó longueiro de Gomis. O gol chegaría no minuto 43, e non se pode definir como gol senón como auténtico golazo. Luis Garrote, que entrara no minuto 18 polo lesionado Miki colleu o balón en 3/4 de campo, logo de regatear a 3 rivais invéntase un zambombazo desde 30 metros que se cola por toda a escadra da portería de David. Non sei a que velocidade podía ir o tiro, o que sí sei é que nun abrir e pechar de ollos o balón impactou con violencia no soporte traseiro que sosten a rede do arco. Ante goles así so queda poñerse de pe e aplaudir. ESPECTACULAR!

Polo lado do Sobrado a mellor ocasión tívoa Chino nun lanzamento desde fora da área coa súa perna esquerda no rexeite de un córner que se foi lamendo o pao cando xa todos cantabamos o gol.

Na segunda metade un incisivo Garrote levou perigo a meta de David pero sen acerto, por parte marela as xogadas a balón parado daban un plus de perigosidade. A estratexia do C.A.S.X. levou perigo á meta local. Preto do final Chino tería a última opción marela pero o seu lanzamento de falta foise por riba do longueiro.

Derrota pola mínima fronte a un, como dixen antes, EQUIPAZO (con maiusculas). Tamén quero destacar a deportividade de todo o estamento do Sp. Cambre. Enfrontarse a equipos así da gusto, de verdade. Os meus parabéns. 

Para a semana o CASX recibe o Culleredo, será o sábado a partires das 17,00 horas no Municipal de Sobrado.

Once Inicial: David, Miguel Combo, Ale, Piru, Anxo, Chino, Jaco, Antonio, Dami, Luis, Isak.
Banquiño: Caske, Tomás Miraz, Martín, Miguel López.



XUVENÍS: ABELLÁ 4 - ATL. SOBRADO 1 (Dani Martínez)

O equipo de Isma García acusou a falta de recambios na segunda metade. A Minimáquina Amarilla estivo no partido mentres aguantou "o fuelle" nunha calurosa tarde de sábado en Abellá.

Adiantaríase o Abellá no minuto 5 nunha contra de libro rematada no segundo pao por un dianteiro local. Un auténtico golazo. Empataría Dani Martínez no minuto 23 o rematar con mestría unha falta executada á perfección por Caske.

Con empate a 1 gol chegaríase ó descanso.

Tan so 11 xogadores do equipo xuvenil puideron viaxar a Abellá, con Tomás Miraz de improvisado porteiro e con Jorge de improvisado central pola lesión que sufre na man e que lle impide defender a meta sobradesa ata que esté recuperado.

Na segunda metade a falta de cambios fixo mella no equipo marelo que se foi desgastando. O Abellá marcaría o 2-1 noutra contra no minuto 57. O 3-1 chegaría de penalti cometido por Jorge no minuto 67 e para pechar a conta chegou o golazo da tarde no minuto 90. Un centro chut desde banda dereita  que se foi envenenando e que acabou entrando pegado a cruceta da portería que defendía Tomás.

Felicitar ó equipo polo esforzo e a seguir remando.

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS
#SISEPODE

Ningún comentario: