venres, 14 de marzo de 2014

Xornada 27: Atl. Sobrado Xuventude - A.D. Culleredo (A Previa)

Mañá visita o Municipal de Sobrado o 8º clasificado de este Grupo II da 2ª Autonómica, a Asociación Deportiva Culleredo.

Unha A.D. Culleredo que está nunha boa situación para permanecer unha tempada máis nesta competida Liga. Suma 38 puntos froito de 11 victorias, 5 empates e 10 derrotas. Coa balanza de goles a favor e en contra moi igualada: 49 a favor por 51 en contra.

A domicilio é un oso duro de roer pois foi quen de gañar en Brexo Lema (4-5), Sigrás (0-1), San Martiño (1-3), Burgo (1-2) e Almeiras (1-2). Ademáis empatou en Santa Cruz (1-1) e en Visantoña (2-2).

Como vemos nos seus resultados, os partidos da AD Culleredo soen ter moitos goles, a domicilio suma 19 goles a favor por 24 en contra en 12 partidos.

Os seus máximos artilleiros son os perigosos irmáns Bravo. Héctor é o pichichi do equipo con 10 goles mentres que Rubén suma 8. O 3º goleador en discordia é Loren con 6 dianas.

Por lado marelo, Hassan recupera a Esteban, Iago Corral e Mario Novo para o envite e perde a Piru.

O partido, de mutuo acordo co clube visitante ó cal agradecemos a deferencia que tivo con nós de adiantar o horario do encontro sen ningún problema comezará as 16,30 horas.

Partido clave para o C.A.S.X. na loita por intentar salvar a categoría. Quedan 24 puntos en litixio e hai que intentar sumar de 3 en 3 para apretar a clasificación e logo esperar. O primeiro é facer os deberes e unha vez feitos agardar a ver que fan os demáis.

O partido coma sempre, podédelo seguir en online vía Twitter na conta oficial do clube @AtleticoSobrado

XUVENÍS: ATL. SOBRADO XUVENTUDE - U.D. PAIOSACO

Os pupilos de Isma García reciben mañá en horario matinal, as 12,00 horas ó pechacancelas da clasificación. Desde aquí agradecer tamén a dispoñibilidade da U.D. Paiosaco para poder disputar o encontro en horario matutino.

Sorte a ámbolos conxuntos

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS
#SISEPODE

Ningún comentario: