venres, 31 de outubro de 2014

Xornada 9: Atl. Sobrado - C.C.D. Curtis - A Previa -


Boa pedra de toque a que terán mañá os homes de Hassan no Municipal de Sobrado. Visítanos a partires das 17,00 horas o 4º clasificado da táboa, o C.C.D. Curtis.

O equipo vermello está a facer un bo inicio de tempada sumando un total de 13 puntos en 8 partidos xogados (1 partido máis que o C.A.S.X. posto que aínda non descansou).

O C.C.D.Curtis gañou na casa a Once Caballeros e Pontecarreira e a domicilio gañou en Abellá e Encrobas. Arrancou un empate de Vizoño e perdeu en Bribes e na casa contra Tambre e Mesón do Bento.

Suma 16 goles a favor por 14 en contra. Os seus máximos goleadores son Diego Sánchez, Alberto Lamas e David Rodríguez con 3 tantos cada un.

O equipo marelo pola súa banda quererá refrendar o cambio de tercio nos resultados negativos que inxustamente se estaban a dar nas 6 primeiras xornadas. Logo do empate en Abellá o equipo quere de unha vez por todas dar un paso adiante na competición.

Hassan terá as baixas seguras de Naveira e Isak e as máis que probable de Esteban e Mario Novo. Pola outra banda recupera a Luis, Antonio, Anxo e Isma.

O partido será dirixido polo señor Borja Sánchez García.

Como cada semana podedes seguir o partido en directo pola nosa conta de Twitter @AtleticoSobrado, conectamos as 16,30 horas.

XUVENÍS: SAN TIRSO S.D. - C.A.S.X.

Logo da descansar a semana pasada o equipo de Gonzalo Sánchez retoma a competición visitando o Campo de "O Pinar" en Vizoño (Abegondo) para enfrontarse ó San Tirso S.D.

No último desprazamento a Laracha a minimáquina amarilla foi quen de golear 1-4 acadando así a primeira victoria da tempada, confiemos en que siga a racha.

Arbitrará o partido o señor José Luis Zas Vázquez.

Sorte para os nosos conxuntos!!!

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS
#DESDE1997

Ningún comentario: