luns, 3 de novembro de 2014

Xornada 5: E o gol fixo acto de presencia (A Crónica)


O C.A.S.X. consegue unha victoria que viña merecendo desde semanas atrás. Logo de ter o partido feito complicóuselle e en 5 minutos o conxunto marelo volveu a solventalo. 2 novos tiros ó pao. Lesión importante de Luis Mato. Homenaxe ó gol na tarde do sábado.

O Atlético Sobrado conseguiu unha vital victoria o pasado sábado fronte o C.C.D. Curtis. O conxunto de Hassan por fin viu portería e marcou nun so partido os mesmos goles que levaba en toda a competición (5). A pesares das numerosas baixas: Esteban, Piru, Antonio, Miguel Combo, Miguel Folgoso, Mario Novo e Mike Libo o equipo foi quen de sacar o mellor de sí mesmo e levar adiante o encontro.

A Máquina Amarilla fixo un gran encontro en liñas xerais e incluso tivo ocasións para marcar máis goles. Quedarán para mellores ocasións.

O primeiro gol do encontro chegaría no minuto 23. Maxistral lanzamento de falta executado por Osky, o cancerbeiro visitante Ángel chega a tocar o esférico para desvialo ó longueiro (12), o rexeite cáelle a Luis que vai a por todo coa cabeza e manda o balón ó fondo da rede.

A seguinte gran oportunidade do encontro sería de novo para o Atlético Sobrado, magnífica contra levada a cabo polos homes de Hassan, Marcos Combo encara portería e chuta desde fora da área esquivando o porteiro do Curtis, cando xa se cantaba o gol o esférico da parte exterior do pao (13) e sae finalmente fora de porta.

No segundo gol do encontro de novo o C.A.S.X. volveu a tirar de estratexia. Saque de curruncho, executa Ivo e Iago (que non foi expulsado) marcando perfectamente os tempos remata de cabeza a gol. 2-0 corría o minuto 38.

Con este marcador chegaríase ó descanso.

No minuto 51 chegaría a xogada desgraciada do encontro, nun balón dividido Luis cae o chan en pugna con un rival, apoia mal o seu pe dereito e dobla o nocello. O dianteiro sufre un forte esguince e está pendente de evolución. No canto de Luis entraría Naveira que practicamente no primeiro balón que tocou mandouna a dormir ó fondo da rede.

Xogadón de Fran (inconmensurable o sábado) por banda dereita, cédelle o balón a Naveira que marca con un sútil toque coa súa perna menos boa, a esquerda, corría o minuto 53. Segundo golazo da tempada para Naveira, logo da delicatessen en Mesía outro gol marca da casa.

Parecía que o C.A.S.X. tiña o partido feito pero no deporte ata que o colexiado non indica o final do encontro nada está decidido.

No minuto 65´o Curtis reduciría distancia por medio de Adrián Zas con un bo lanzamento desde fóra da área.

Poñeríalle máis pementa Óscar Gómez o encontro logo de rematar cun soberbio cabezazo unha falta lateral. O esférico entrou por toda a escadra da portería de David, era o minuto 71.

E no 75´chegaría a xogada polémica do encontro, xogada do Curtis por banda dereita, o centro pega na man de Rafa (pegada ó corpo) pero o colexiado interpreta penalti. Hai que estar moi seguro para pitalo. O executor sería Diego Sánchez, David adivinou a intención do xogador visitante e por pouco da sacado o esférico, xa que chegou a tocalo pero finalmente acabou en gol.

Lonxe a amilanarse e deixarse acosar pola psicosis de non gañar en toda a tempada os pupilos de Hassan quitaron o mellor que teñen dentro e seguiron atacando unha e outra vez con claras ocasións con Fran exercendo de auténtico coitelo pola banda.

No minuto 84 chegou o gol do xuvenil Manu Paderne que levaba 15 minutos sobre o céspede, Manu aproveitou un balón morto para volver a poñer ó C.A.S.X. por diante no marcador.

A calma chegou no minuto 89 con outro gol de Manu Padernes que lle daba a victoria xa definitiva ó Atlético Sobrado.

O partido rematou logo de 4 minutos de engadido.

Así pois primeria victoria que tiña que haber chegado moito antes por merecementos (agás o día de Once Caballeros) pero o importante é que o equipo está en dinámica ascendente e quedan 22 partidos de Liga para loitar e competir, iso é o máis importante.

Para a vindeira semana o C.A.S.X. non terá que desplazarse pois xogará coma visitante fronte ó Tambre C.F. no derbi de Sobrado.

Noraboa a todos os integrantes do plantel por esta victoria por que vexo como traballades en cada adestramento e o enchufados que estades cada día da semana, sen decaer no desanimo a pesares de que os resultados non chegaban. Agora xa están aquí e viñeron para quedarse...da gusto formar parte do voso equipo de traballo.

Sodes grandes chavales!!!


Once Inicial: David, Tomás, Osky (Rafa 69´), Anxo, Dani Martínez, Iago, Ivo, River (Manu Costoya 62´), Marcos Combo (Manu Paderne 66´), Luis (Naveira 51´), Fran.

T.A. Iago, Rafa, Fran

T.R.: -

Goleadores: Manu Paderne 2, Luis, Iago, Naveira.


XUVENÍS: San Tirso S.D. 8 - Atl. Sobrado 0

Non puido traer nada positivo unha mermada minimáquina amarilla da súa visita a "O Pinar" de Vizoño. O conxunto marelo con moitas baixas so puido presentar 12 xogadores e non tivo opción fronte a un dos conxuntos que a priori loitarán polo ascenso a 1ª Autonómica.

Once Inicial: Jorge Freire, Diego, Martín, José Luis, Alex, Simón, Miguel Abad (Josito 67´), Antón, Iván Santos, Bruno, Raúl.

T.A.: -
T.R.: -

Para a vindeira semana o equipo Xuvenil terá xornada de descanso.

#FORZACASX
#SOMOSAMARILLOS
#1997


Ningún comentario: