martes, 24 de marzo de 2015

Xornada 28: Derrota pola mínima fronte ó Campión (A Crónica)




O C.A.S.X. cae pola mínima fronte o C.D. Mesía, flamante Campión de Liga. Gran partido dos marelos que se adiantaron ata 3 veces. Miguel Combo en dúas ocasións e Isak foron os goleadores da Máquina Amarilla. Merecido ascenso do C.D. Mesía.

O C.A.S.X. perdeu 4-3 fronte ó C.D. Mesía que coa victoria se proclamou matemáticamente Campión de Liga. Un ascenso máis que merecido pois os pupilos de Roberto Iglesias amosaron ser de largo a mellor escadra da competición. Parabens para o C.D. Mesía e moita sorte na súa nova andaina na 2ª Autonómica.

O primeiro gol do partido sería obra de Isak no minuto 15 logo de aproveitar unha boa contra levada por Fran e Miguel Combo, Isak aproveitou un rexeite do cancerbeiro local para marcar de forma acrobática.

So tardaría 2 minutos o Mesía en empatar, o gol sería obra de Dani Regos de disparo cruzado.

Adiantaría de novo ó C.A.S.X. Miguel Combo no minuto 23 e empataría o central local Miguel á saida de un córner no minuto 27.

De novo Miguel Combo no minuto 39 poñía en vantaxe ó C.A.S.X. 2-3 logo de un gran lanzamento.

Cando xa se disputaba o engadido da primeira metade chegou a xogada polémica do encontro. Balón dividido dentro da área do Atlético Sobrado, Dani Regos e Mario Novo van a polo esférico e o atacante local tírase dentro da área. O colexido pica e decreta penalti. Kaky sería o encargado de transformalo. Nada máis marcar o Mesía o colexiado decretou o descanso.

O último gol do encontro chegaría os 3 minutos da reanudación. O atacante Michael aproveitou unha segunda xogada para establecer o 4-3 definitivo.

Rematou o encontro e comezaron os festexos do C.D. Mesía para celebrar o seu ascenso.

Unha vez máis parabens.

Desde aquí felicitar os 12 xogadores marelos que o domingo se desplazaron a Mesía por que fixeron un partido enorme e perderon pola mínima fronte a un auténtico equipazo, con xogadores como Franqueira ou Dani Regos que teñen experiencia na 3ª División.

Once Inicial: Tomás, Isma (Osky 60´), Piru, Mario Novo, Esteban, Antonio, Iago, Fran, Isak, Miguel Combo (c).

Goles: 0-1 Isak 15´, 1-2 Miguel Combo 23´, 2-3 Miguel Combo 39´

Tarxetas:

Marelas: Isak 43´

Vermellas: -

XUVENÍS: Atl. Sobrado 0 - Atl. Perillo 5

Non tivo boa tarde o equipo Xuvenil o pasado sábado. O conxunto marelo perdeu 0-5 fronte a un bo equipo como é o Atl. Perillo. A Minimáquina Amarilla gozou de varias boas oportunidades para fusilar a meta local pero a sorte non estaba de cara e o esférico non quixo entrar. Virán tempos mellores. 

Ningún comentario: