venres, 27 de marzo de 2015

Xornada 29: C.A.S.X. - Once Caballeros "B" (A Previa)


Mañá visita o Municipal de Sobrado o filial do Once Caballeros. O equipo do Temple conta como visitante con 4 victorias, 1 empate e 8 derrotas no que vai de tempada.

O Once Caballeros "B" suma a domicilio 20 goles a favor por 25 en contra. Na 1º volta o C.A.S.X. caeu pola mínima 0-1 e no partido da 2ª volta de novo o C.A.S.X. perdeu 3-1 no campo de Lendoiro. Agardamos que desta volta cambien as tornas.

Os máximos goleadores do filial negro son Marcos García con 12, Diego Novelle con 7 e Francisco García con 6.

Por parte marela seguen sendo baixa segura os lesionados de longa duración.

Arbitrará o encontro o señor Bruno Méndez Castro e dará comezo as 17,00 horas.

XUVENIL: U.D. Paiosaco - C.A.S.X.

A Minimáquina Amarilla visita tamén mañá o Campo de "A Portasanta" en Paiosaco para enfrontarse ó seu equipo Xuvenil. O encontro comezará as 16,30 horas e será arbitrado polo señor Sergio Bermúdez Seoane.


Ningún comentario: