martes, 31 de marzo de 2015

Xornada 29: Derrota condicionada (A Crónica)


Un colexiado nada dialogante cárgase o partido en 9 minutos. Iago expulsado por ver dous cartóns marelos nun minuto por facer apreciacións ó árbitro. Manu Costoya na súa volta fixo de improvisado porteiro. Manu Paderne que tamén volvía marcou o primeiro gol e Miguel Combo de penalti o segundo.

Non é boa noticia para ó deporte cando un colexiado se convirte en protagonista do encontro. O señor colexiado que dirixiu o sábado pasado o C.A.S.X. 2 - Once Caballeros "B" 4, Bruno Méndez Castro erixiuse no protagonista e a súa máis que discutible decisión de expulsar a Iago por doble cartón marelo en menos de un minuto por facerlle apreciacións resultou decisiva para o desenrolo do partido.

Adiantaríase o Once Caballeros "B" nun saque de banda que o equipo visitante prolonga de cabeza, o esférico cae na área pequena e Alberto Sánchez marca de tiro cruzado.

Ampliaría distancia o equipo visitante nun libre indirecto no punto de penalti por xogo perigoso que se inventou o colexiado pois o xogador visitante baixou demasiado a cabeza. O lanzamento de Sergio García toca na barreira e entra.

Manu Paderne que entrou no descanso por Osky e que volvía logo de 2 meses de lesión recurtaría diferencias logo de aprobeitar un balón as espaldas da defensa.

De novo o Once Caballeros "B" ampliaría vantaxe no minuto 65, Alberto de la Cruz marca de disparo cruzado desde a esquina da área.

De novo ó C.A.S.X. reduciría diferencias logo de que Miguel Combo nunha excelente pugna se leve o balón logo de varios rexeites, entra na área e sofre penalti. Él mesmo executa o lanzamento e establece o 2-3.

O 2-4 definitivo faríao Sergio Abelenda nun remate de cabeza a bocarraxo que Manu Costoya que o sábado actuou de porteiro casi consegue parar.

Con 2-4 Manu Costoya nunha excelente estirada evitou o gol nun lanzamento de penalti a favor do Once Caballeros "B". 

A pesares da derrota bo partido do C.A.S.X. que disputou desde o minuto 9 o encontro con 10 xogadores. Destacar tamén a actitude arrogante e prepotente do colexiado do encontro.

Once Inicial: Manu Costoya, Isma, Osky (Manu Paderne 45´), Mario Novo, Esteban, Dani, Iago, Rafa, Tomás, Ivo, Miguel Combo (c).

Goles: 1-2 Manu Paderne 51´, 2-3 Miguel Combo 68´ 

Tarxetas: 

Marelas: Iago (9´ e 9´), Mario Novo (9´), Esteban 72´, Manu Costoya 72´, Ivo 74´, Miguel Combo 78´

Vermellas: -


XUVENÍS: U.D. Paiosaco 2 - C.A.S.X. 1 (Raúl)

A piques estivo a Minimáquina Amarilla de traer algo positivo da súa visita a Paiosaco. As baixas de Iván Santos, Antón Sánchez e Diego Santos foron un lastre importante para o noso equipo Xuvenil que so puido dispoñer de 11 futbolistas.
Raul foi o goleador marelo no minuto 9 logo de aprobeitar unha excelente xogada por banda dereita de un omnipresente Antón Pérez.
O Paiosaco marcou o 2-1 definitivo faltando 7 minutos para o final do encontro.

Once Inicial: Álex, Miguel Abad, Simón, Martín Novo, José Luis, Josito, Martín Sánchez (c), Julio, Raúl, Antón Pérez, Bruno.

Goles: 1-1 Raúl

Tarxetas: -

Ningún comentario: